RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina; con derrota do Dépor ABANCA B e Orzán SD Xuvenil, e triunfo do Orzán SD Sub-21

O partido do Dépor B ante o Olímpico de León, este domingo 23 de novembro no Dépor Training Center foi o partido máis destacado da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina.

As Nosas caeron por 0-3 e quedan con 13 puntos na 8ª posición da Segunda Federación.

Foi titular a canteirá Paula Redruello 'Redru', que esta semana estivo concentrada coa selección española sub-19 nuns adestramentos na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

O combinado nacional preparou a Rolda 1 de clasificación ao próximo Europeo sub-19, do 24 de novembro ao 2 de decembro.

E Lucía Rivas e Michi Apóstol, que viaxaron a Sevilla co primeiro equipo, tamén saíron de inicio no filial.

Este domingo o Orzán SD Sub-21 venceu na Torre (1-0) ao Tomiño FC Femenino e o Orzán SD Xuvenil perdeu en Oira (4-1) co EFF Rosalía, líder da Primera Autonómica.

Onte sábado 22 gañaron os dous equipos infantís: o A en Eirís ante o Oza Juvenil SD (0-9) e o B en Dumbría (12:00).

Ten descanso esta fin de semana o Orzán SD Cadete, con 19 puntos á fronte do grupo 1º da Liga Galega.

Finalmente este pasado martes as orzanistas Azucena Fidalgo, Claudia Sande e Marta Moreno participaron nun amigable da selección galega sub-16 ante o RC Celta; así como Elba Agrafojo, Daniela Arrojo e Lorena Anastase con Galicia sub-14.

Todas elas repetirán este 25 de novembro nuns novos adestramentos no campo da Doce, na Escravitude.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
11ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 0 - OLÍMPICO DE LEÓN 3

Tercera Federación
9ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 1 (Dunia Dahmouni) - TOMIÑO FC FEMENINO 0

Primera Autonómica
10ª xornada: EFF ROSALÍA 4 - ORZÁN SD XUVENIL 1 (Lola Freire)

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 8ª xornada: OZA JUVENIL SD 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 9 (Daniela Mingo, Ana Moreda, Lorena Anastase -4-, Zoe Mahía, Inés Neira e Lara Vázquez)

Grupo 2º, 8ª xornada: DUMBRÍA CF 1 - ORZÁN SD INFANTIL B 2 (Claudia García e Carmen Méndez)