RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA abriuna onte venres 15 de novembro o partido na Cidade Deportiva entre o Infantil B e o Sporting Cambre, correspondente á 11ª xornada no grupo 1º da Primeira Autonómica. Os deportivistas venceron (3-0) e manteñen unha semana máis o liderado do grupo en solitario.

En canto ao resto de partidos, o choque do Fabril ante o CD As Pontes e o do Xuvenil A fronte ao ED Val Miñor Nigrán, ambos os mañá domingo 17 en Abegondo, son dous dos máis destacados.

Para o encontro do filial deportivista, que arrancará ás 18:30 no campo principal, nada máis concluír o choque do Dépor ABANCA na Primera Iberdrola, os socios teñen libre acceso. As entradas de público custan 10 euros; e 5 euros os menores de 15 anos.

Luisito, técnico do Fabril, citou a todo o seu cadro. Son baixa Mujaid, titular esta tarde co primeiro equipo en Almendralejo; e Mosquera e Villares, lesionados.

Para mañá domingo queda ademais a visita do Deportivo ABANCA B ao Umia CF (18:00 horas) e o partido do Cadete B ante o Imperátor OAR (11:00) na Cidade Deportiva.

Hoxe sábado 16 xogaron o resto de equipos, ademais dos alevíns e benjamines na Torre: Xuvenil B en Ourense (0-3); Cadete A na Coruña (2-4); e Infantil A en Abegondo (5-0).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
13ª xornada: FABRIL - CD AS PONTES, o domingo 17 de novembro ás 18:30 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 10ª xornada: UMIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 17 de novembro ás 18:00 no campo da Bouza en Barrantes (Ribadumia)

Categoría xuvenil
División de Honra, 11ª xornada: XUVENIL A - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o domingo 17 de novembro ás 12:00 en Abegondo (campo 3)

Liga Nacional, 11ª xornada: UD OURENSE 0 - XUVENIL B 3 (Nájera, Jairo e Nils)

Categoría cadete
División de Honra, 11ª xornada: VICTORIA CF 2 - CADETE A 4 (Diego Gómez, Canales, Martín Ochoa e Roque)

Liga Galega, grupo norte, 11ª xornada: CADETE B - IMPERÁTOR OAR, o domingo 17 de novembro ás 11:00 en Abegondo (campo 5)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 11ª xornada: INFANTIL A 5 (Samuel, Lucas, Zoe e Juan Barros -2-) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 11ª xornada: INFANTIL B 3 (Memet, Óscar e Carballo) - SPORTING CAMBRE 0

Categoría alevín
Promoción á Liga Comarcal, cuartos de final: ALEVÍN A 8 (Rubén Trillo -4-, Lucas -2-, Janusz e Guillermo) - ORILLAMAR SD A 0

Eliminatoria de clasificación, oitavos de final, volta: CD CALASANZ F 0 - ALEVÍN B 13 (Ioan -2-, Uxío -3-, Paulo -2-, Mauro -2-, Sergio, Nico, Yago Trigo e Gael). Na ida: 1-9

Categoría benxamín
Promoción á Liga Comarcal, cuartos de final: BENXAMÍN A 12 (Pablo Somoza -3-, Iago Lameiro -2-, Rodrigo -2-, Martín Forján, Raúl, José Quiroga, Hugo e Lucas Vázquez) - OZA JUVENIL SD 0

Eliminatoria de clasificación, oitavos de final, volta: CD CALASANZ E 0 - BENXAMÍN B 9 (Mario, Leo, Íker -2-, Nico Torres, Thiago -3- e Yael). Na ida: 1-12