Para mañá domingo quedan dúas citas importantes en #ANOSACANTEIRA. O Xuvenil B visita ao CD Calasanz (12:00, San Pedro de Visma 1) na penúltima xornada da liga Nacional.
Os pupilos de Miguel Figueira son líderes con 2 puntos de vantaxe sobre o RC Celta B.
E en Abegondo (12:30), o Infantil buscará un posto na final da División de Honra no partido de volta de semifinais ante o ED Val Miñor Nigrán. Na ida disputada na localidade viguesa, celebrada o pasado domingo, gañaron os branquiazuis (3-5).
Ademais, o San Tirso SD Infantil (na foto superior) quedou hoxe sábado 20 en Cenlle (Ourense) subcampión da I edición do Torneo Caldaria; e o Fabril FC Alevín, apeado hoxe en Xove na Primeira Fase da Fase Intermedia do Campionato Galego, e Fabril FC Benxamín, que hoxe concluíu en Arteixo o subgrupo C3 do Torneo Delegación como campión, xogan mañá domingo o Torneo Internacional Congalsa na Fieiteira (Ribeira) a beneficio da Fundación Aladina.
Hoxe sábado 20, o Orzán SD Cadete Feminino gañou nas Baloutas ao UD Mos (1-5) no partido de ida da gran final da Liga Galega. As orzanistas, que recibiron os 'reforzos' da internacional Lucía Rivas, Macarena González, Laura Santos ou Sara Cercido, futbolistas do equipo que compiten en categoría superior, están a un paso do título.
Na Coruña, o Orzán SD Infantil Feminino dobregou (7-3) no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma) ao Atlético Arousana en partido da Fase polo Título da Liga Galega.
Ademais, Alevín A, Fabril FC Alevín e Benxamín A participaron na Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8 en Xove (Lugo).
O Alevín A e Benxamín A quedaron campións e clasificáronse para a Fase Final do Campionato Galego, mañá domingo na Madroa (Vigo).
E en ABANCA-RIAZOR esta tarde, após ser aprazado polo falecemento de Arsenio Iglesias, o Fabril celebrou con todo o Deportivismo o seu éxito nos prolegómenos do Dépor-Algeciras CF: lograr hai unhas semanas o título de campión de Tercera Federación e o ascenso directo a Segunda Federación.
Quince minutos antes do comezo do partido, unha vez os dous equipos finalizaron o quecemento, o presidente da RFGF, Rafael Louzán, fixo entrega ao capitán do Fabril e a todo o cadro do trofeo que os acredita como campións da categoría e que vén acompañado co premio do salto de categoría para o filial branquiazul.
Onte venres 19 adiantáronse os partidos dos equipos cadetes en Abegondo, xa cos obxectivos cumpridos esta temporada na División de Honra: O Dépor, xa campión, venceu ao Bergantiños CF (4-0) e despois recibiu o trofeo de gañador da competición, e o San Tirso SD Cadete, en plena ascensión na táboa, ao Racing de Ferrol (3-2).
Catro equipos abriron o calendario de partidos desta semana en #ANOSACANTEIRA.
O Alevín impúxose ao Victoria CF (0-9) o martes 16 en encontro correspondente á 12ª xornada no subgrupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.
Os branquiazuis, con 33 puntos de 33 posibles, son líderes destacados do subgrupo.
O mércores 17, o Orzán SD Xuvenil Feminino, subcampión da Primeira Autonómica, derrotou (0-5) ao Brexo Lema SD nos oitavos de final da Copa da Coruña. O seu próximo rival en cuartos de final, tamén a partido único, será o UD Carral o mércores 24 ás 20:30 no Municipal Borja Rodríguez Ans de Carral.
E os dous equipos benxamíns participaron a un altísimo nivel na XVII edición do Torneo RC Deportivo en Abegondo, nunha gran festa do fútbol galego que se retomou despois de tres anos de ausencia pola pandemia.
Os branquiazuis foron subcampións e os fabrilistas caeron na semifinal co RC Celta, ao cabo campión.
Acabaron a competición Deportivo ABANCA B, Orzán SD Xuvenil Feminino e Orzán SD Cadete B Feminino como subcampións das súas respectivas categorías (Primeira Nacional, Primeira Autonómica e subgrupo 1º de Segunda Autonómica).
No Deportivo ABANCA B Elena Vázquez está concentrada coa selección española sub-17 no campionato de Europa da categoría, hoxe sábado con titularidade e gol incluído ante Estonia; mentres que a sub-16 levará a Lucía Rivas a un Torneo de Desenvolvemento UEFA en Finlandia que terá lugar do venres 26 ao mércores 31 de maio.
A canteirá deportivista, que acaba de participar esta semana nuns adestramentos en Alacante con este combinado nacional, incorporarase á concentración o martes 23 para viaxar xa ao país nórdico. Os rivais de España son Bélxica, Finlandia e Turquía.
En rolda de prensa onte venres, Irene Ferreras quixo mandar "unha mensaxe de parabén ao Dépor ABANCA B porque sufriu esta fin de semana o quedar a 1 punto do ascenso sendo o mellor segundo da categoría nacional. É doloroso para corpo técnico e xogadoras ter que permanecer un ano máis nunha categoría que demostraron que se lles quedou pequena. Pola política de ascensos que ten a competición non conseguiron ese obxectivo que se mereceron".
Así pois, a adestradora do primeiro equipo feminino do Club tamén lles agradece "a colaboración de Kevin (Cabado, adestrador) e de todas as xogadoras que han ir subindo ao longo de toda a temporada. Digo sinceramente que esas xogadoras tiveron unha mellora significativa desde os primeiros meses até estas últimas semanas. E é froito do gran traballo que se fixo".
Irene Ferreras anímaas "a seguir. O fútbol vai de soportar golpes, de seguir. Estou convencida que a temporada que vén vaise a cumprir o obxectivo. Agradecerlles o seu traballo, a súa colaboración e dar o parabén polo temporadón. Non conseguir o obxectivo non mancha o que fixeron ao longo de toda a temporada".
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
Copa da Coruña, oitavos de final (mércores 17): BREXO LEMA SD 0 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 5 (Sara Cercido -2-, Uxía López, Macarena González e Ivana Fernández)
Final polo título, ida: UD MOS 1 - ORZÁN SD CADETE FEMININO 5 (Macarena González -2-, Nadia Longueira -2- e Emma Gandoy)
Fase polo Título da Liga Galega infantil, 9ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 7 (Sofía Rodríguez -4-, Marta Moreno -2- e Naiara Fontenla) - ATLÉTICO AROUSANA 3
Categoría xuvenil
Liga Nacional, 33ª xornada: CD CALASANZ - XUVENIL B, mañá domingo 21 de maio ás 12:00 en San Pedro de Visma 1 (A Coruña)
Categoría cadete
División de Honra, 36ª xornada: CADETE 4 (Xián -2- e Brian -2-) - BERGANTIÑOS CF 0
División de Honra, 36ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 3 (Leandro e Miguel de Labra -2-) - RACING DE FERROL 2
Categoría infantil
Fase polo Campionato da División de Honra, semifinais, volta: INFANTIL - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, mañá domingo 21 de maio ás 12:30 en Abegondo. Na ida: 3-5
I edición do Torneo Internacional Caldaria, na Regueiriña (Cenlle, Ourense)
Sábado 20 de maio
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Alberto) - CD LUGO 0
UD OURENSE 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Alberto). A penaltis: 2-3
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - AROSA SC 0. A penaltis: 3-2
UD SANTA MARIÑA 2 - SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Ander, Martín Forján -2- e Nico)
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Ander) - SPORTING BRAGA 1
O San Tirso SD Infantil acabou como subcampión do torneo.
Categoría alevín
Torneo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 12ª xornada (martes 16): VICTORIA CF 0 - ALEVÍN 9 (Mario González -3-, Nico Torres -3-, Leo Sánchez, Hugo Caridad e Iker Casuso)
Fase Intermedia do Campionato Galego, no Municipal de Xove (Lugo)
Sábado 20 de maio
Primeira Fase, grupo A
CD LUGO 1 - ALEVÍN A 1 (Hugo Caridade)
ALEVÍN A 1 (Iker Obeso) - URAL ESPAÑOL CF 2
ALEVÍN A 12 (Yael López -4-, Nico Torres, Iker Obeso -3-, Mario González -2- e Manu Alcázar -2-) - SD FISTERRA 1
CIDADE DE RIBEIRA CF 0 - ALEVÍN A 5 (Antón Vilariño, Manu Alcázar, Javi Barral, Iker Obeso e Thiago Montes)
Final
ALEVÍN A 6 (Thiago Montes -3-, Iker Obeso, Daniel Alonso e Javi Barral) - UD XOVE LAGO 0
Primeira Fase, grupo B
UD XOVE LAGO 0 - FABRIL FC ALEVÍN 0
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Iván Gil) - NARÓN FREIXO 0
ED XUVENTUDE DE OROSO 2 - FABRIL FC ALEVÍN 0
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Martín López, Iván Gil e Jorge Fernández) - CD CONXO SANTIAGO 1
Fase Final do Campionato Galego
Domingo 21 de maio, A Madroa
Semifinais
13:00: ALEVÍN A - RC CELTA
Torneo Internacional Congalsa, na Fieiteira (Ribeira)
Domingo 21 de maio
Primeira Fase
9:46: FABRIL FC ALEVÍN - CD CONXO SANTIAGO
11:41: FABRIL FC ALEVÍN - PABELLÓN OURENSE CF
13:59: FABRIL FC ALEVÍN - UD SANTA MARIÑA
Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final, a partir das 15:54
Categoría benxamín
XVII Torneo RC Deportivo, en Abegondo
Mércores 17 de maio
Primeira Fase, grupo 18
BENXAMÍN A 9 (Hugo Quintela -3-, Miguel Candal, Xiao Fontao e Pablo Márquez) - ATLÉTICO CUNTIS B 0
BENXAMÍN A 12 (Miguel Candal -3-, Hugo Quintela -2-, Alejandro Astray -2-, Thiago López, Mateo Carballeira e Nacho Villanueva -3-) - UDJ ALMEIRAS B 0
BENXAMÍN A 5 (Miguel Candal -2-, Alejandro Astray -2- e Nacho Villanueva) - USD O GROVE 1
Primeira Fase, grupo 9
FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Leo Lorenzo -2-, Mateo Songo'o -2-, Andrés Valencia, Ares Navarro, Saúl Cancela e Yago Prieto) - BETANZOS CF B 0
FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Ares Navarro, Mateo Songo'o, Mateo Cardelle e Alberto Novo) - URAL ESPAÑOL CF C 0
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Alberto Novo e Saúl Cancela) - CP ESCRAVAS A 0
Dezaseisavos de final
BENXAMÍN A 3 (Nacho Villanueva -2- e Alejandro Astray) - SANTA CRUZ CF 0
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Leo Lorenzo e Alberto Novo) - OZA JUVENIL SD 0
Oitavos de final
BENXAMÍN A 3 (Pablo Márquez, Mateo Carballeira e Miguel Candal) - CD AS PONTES 0
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Mateo Songo'o) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0
Cuartos de final
BENXAMÍN A 2 (Nacho Villanueva e Thiago López) - RÁPIDO DE BOUZAS 1
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - VICTORIA CF 0. A penaltis: 3-2
Semifinais
BENXAMÍN A 2 (Miguel Candal e Nacho Villanueva) - URAL ESPAÑOL CF 0
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - RC CELTA 4
Final
BENXAMÍN A 0 - RC CELTA 1
Fase Intermedia do Campionato Galego no Municipal de Xove (Lugo)
Sábado 20 de maio
Primeira Fase, grupo A
BENXAMÍN A 5 (Miguel Candal, Mateo Carballeira, Hugo Bujía, Hugo Quintela e Alejandro Astray) - ESCOLA ESTRADA FB 1
CD AS PONTES 1 - BENXAMÍN A 2 (Mateo Carballeira e Alejandro Astray)
BENXAMÍN A 3 (Alejandro Astray, Thiago López e Javi Meiriño) - CD CALASANZ 2
CABANA SD 1 - BENXAMÍN A 4 (Alejandro Astray -4-, Javi Meiriño e Miguel Candal)
Final
BENXAMÍN A 6 (Alejandro Astray -4-, Miguel Candal e Javi Meiriño) - BERTAMIRÁNS FC 1
Fase Final do Campionato Galego
Domingo 21 de maio, A Madroa
Semifinais
12:00: BENXAMÍN A - PABELLÓN OURENSE CF
Torneo Delegación, subgrupo C3, 6ª xornada (última): ATLÉTICO ARTEIXO 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Yago Prieto, Alberto Novo, Andrés Valencia e Mateo Cardelle)
Torneo Internacional Congalsa, na Fieiteira (Ribeira)
Domingo 21 de maio
Primeira Fase
9:23: FABRIL FC BENXAMÍN - CD PARQUESOL
12:50: FABRIL FC BENXAMÍN - GONDOMAR
13:59: FABRIL FC BENXAMÍN - CARREIRA
Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final, a partir das 15:54
