A longa xornada en #ANOSACANTEIRA desta semana prolongarase desde onte xoves 5 de decembro ao domingo 8.
Hoxe venres 6, día festivo, disputáronse o groso de partidos: Xuvenil B (4-1 en Abegondo ante o EF Lalín); Cadete B (2-3 en O Monte ante o San Tirso SD B); Infantil A (0-6 na Leyma ante o CD Calasanz); e os alevíns e benxamíns, na 1ª xornada da liga Comarcal e a Primeira C que foi suspendida o pasado 23 de novembro polo temporal de choiva e vento que azoutou A Coruña.
Queda para a fin de semana unicamente o partido do Xuvenil A en Santander ante o Atlético Perines (12:15), correspondente á 14ª xornada na División de Honra.
Onte xogaron e gañaron o Cadete A (8-0 ao Arosa SC); Infantil B (5-9 en Santa María del Mar); e Alevín A (5-1 ao Once Caballeros CF), en partido correspondente á 3ª xornada da liga Comarcal.
Esta semana non haberá competición ligueira para o Fabril en Terceira División nin para o Deportivo ABANCA B no grupo 1º de Primeira Nacional Feminina.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Terceira División
Clasificación: ... 3. CD Barco, 34 puntos; 4. Fabril, 27 puntos; 5. Arosa SC, 26 puntos; 6. CD Choco, 25 puntos; 7. Alondras CF e UD Ourense, 20 puntos...
Categoría feminina
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 2. CD Monte, 28 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 25 puntos; 4. Victoria FC, 23 puntos; 5. Oviedo Moderno CF B, 22 puntos...
Categoría xuvenil
14ª xornada: ATLÉTICO PERINES - XUVENIL A, o domingo 8 de decembro ás 12:15 no campo Vicente Miera (Santander)
Clasificación da División de Honra: ... 2. Sporting de Gijón, 31 puntos; 3. Xuvenil A, 26 puntos; 4. Bansander, 23 puntos; Real Oviedo, 22 puntos...
14ª xornada: XUVENIL B 4 (Nájera -2-, Noel e Padín) - EF LALÍN 1
Clasificación da liga Nacional: 1. RC Celta, 37 puntos; 2. Xuvenil A, 31 puntos; 3. CD Areosa, 29 puntos...
Categoría cadete
14ª xornada: CADETE A 8 (Pablo Trigo, Mella, Canales, Diego Gómez, Martín Ochoa -2- e Álex González -2-) - AROSA SC 0
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 42 puntos; 2. RC Celta, 37 puntos...
14ª xornada: SAN TIRSO SD B 2 - CADETE B 3 (Matos -2- e Nico)
Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B, 38 puntos; 2. EFM Concello de Boiro, 32 puntos; 3. SD Compostela (un partido menos), 31 puntos...
Categoría infantil
14ª xornada: CD CALASANZ 0 - INFANTIL A 6 (Dani Estévez, Beade -2-, Jorge García -2- e Guerrero)
Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A (un partido máis), 42 puntos; 2. Bertamiráns FC, 30 puntos...
14ª xornada: SANTA MARÍA DEL MAR 5 - INFANTIL B 9 (Beade -3-, Íker Fernández, Íker Gil, Marcos e Óscar -3-)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (un partido máis), 42 puntos; 2. Ural CF B, 31 puntos...
Categoría alevín
Liga Comarcal, 3ª xornada: ALEVÍN A 5 (Rubén -2-, Leandro e Pablo -2- ) - ONCE CABALLEROS CF 1
Liga Comarcal, 1ª xornada: CF DUMBRÍA 0 - ALEVÍN A 15 (Leandro -2-, Rubén -3-, Anxo -2-, Janusz -2-, Pablo -2-, Yago -3- e Lucas)
Primeira C, 1ª xornada: IMPERATOR OAR B 1 - ALEVÍN B 9 (Yago Trigo -2-, Mauro, Sergio, Nico, Alberto, Íker, Joaquín e Iago Vázquez)
Categoría benjamín
Liga Comarcal, 1ª xornada: BENXAMÍN A 11 (Raúl -2-, José Quiroga -2-, Javi, Hugo, Iago Lameiro, Pablo Somoza, Pablo Vara, Rodrigo e Martín Forján) - OUTES CF 0
Liga Comarcal, 3ª xornada: BENXAMÍN A - BETANZOS CF, o mércores 11 de decembro ás 18:00 en Abegondo (campo de herba artificial)
Primeira C, 1ª xornada: URAL CF C 1 - BENXAMÍN B 3 (Íker -2- e Hugo)