RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados este sábado en ANOSACANTEIRA feminina e calendario deste domingo, con cita para o Dépor ABANCA B no Dépor Training Center

O partido do Dépor B ante o Olímpico de León, o domingo 23 de novembro ás 17:00 no Dépor Training Center (campo de herba sintética), é o partido máis destacado da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina.

As Nosas, após a derrota da pasada fin de semana ante o Athletic Club B, marchan na 8ª posición da táboa con 13 puntos.

Esta semana, a canteirá Paula Redruello 'Redru' estivo concentrada coa selección española sub-19 nuns adestramentos na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

O combinado nacional preparou a Rolda 1 de clasificación ao próximo Europeo sub-19, do 24 de novembro ao 2 de decembro.

Lucía Rivas e Michi Apóstol, que viaxaron a Sevilla co primeiro equipo, tamén están a disposición de Sandro Nogueira.

Tamén o domingo o Orzán SD Sub-21 recibe na Torre (18:00) ao Tomiño FC Femenino e o Orzán SD Xuvenil visita en Oira (12:30) ao EFF Rosalía, líder da Primera Autonómica.

Este sábado 22 gañaron os dous equipos infantís: o A en Eirís ante o Oza Juvenil SD (0-9) e o B en Dumbría (12:00).

Ten descanso esta fin de semana o Orzán SD Cadete, con 19 puntos á fronte do grupo 1º da Liga Galega.

Finalmente este martes as orzanistas Azucena Fidalgo, Claudia Sande e Marta Moreno participaron nun amigable da selección galega sub-16 ante o RC Celta; así como Elba Agrafojo, Daniela Arrojo e Lorena Anastase con Galicia sub-14.

Todas elas repetirán este martes 25 no campo da Doce, na Escravitude.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
11ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - OLÍMPICO DE LEÓN, o domingo 23 de novembro ás 17:00 no Dépor Training Center (campo de herba sintética)

Tercera Federación
9ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - TOMIÑO FC FEMENINO, o domingo 23 de novembro ás 18:00 na Torre (campo 2)

Primera Autonómica
10ª xornada: EFF ROSALÍA - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 23 de novembro ás 12:30 en Oira (Ourense)

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 8ª xornada: OZA JUVENIL SD 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 9 (Daniela Mingo, Ana Moreda, Lorena Anastase -4-, Zoe Mahía, Inés Neira e Lara Vázquez)

Grupo 2º, 8ª xornada: DUMBRÍA CF 1 - ORZÁN SD INFANTIL B 2 (Claudia García e Carmen Méndez)