RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe mércores e calendario de mañá xoves, cun Fabril FC Benxamín que se xoga o pase á Fase Intermedia do Campionato Galego

Semana con partidos case cada día en ANOSACANTEIRA.

Así, esta tarde o Xuvenil B concluíu como campión a Liga Nacional en Abegondo cun entretido empate (3-3) ante o CD Conxo Santiago.

Ademais xogáronse os últimos partidos dos dous equipos alevíns na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8. Neles o Alevín A venceu (1-4) ao Sada CF no campo Andrés Pena - As Mariñas e proclamouse campión.

Para mañá xoves o Fabril FC Benxamín (na foto da noticia) busca unha vitoria a partir das 18:30 en Carral para optar á 3ª praza da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 que daría acceso á Fase Intermedia do Campionato Galego.

Os fabrilistas necesitan gañar o seu partido e que o 'Monta', agora 3º, non o faga no seu partido do sábado na Torre (13:30) ante o Dépor.

Xa para a fin de semana, o sábado 18 a atención está centrada no partido do Infantil ante o RC Celta, ás 12:00 en Abegondo.

Con 6 puntos en xogo, os branquiazuis teñen 5 puntos de renda á fronte da División de Honra sobre os célticos.

Xogan en casa tamén o San Tirso SD Infantil, ás 11:00 no Monte ante o Racing de Ferrol; e o Orzán SD Infantil B Femenino, ás 16:00 na Torre ante o Racing de Ferrol.

Como visitante, o Orzán SD Cadete Femenino finaliza o grupo 1º da Liga Galega en primeira posición cun último partido ante o Silva SD, ás 16:00 na Torre.

O domingo 19, o Xuvenil A mídese ao Sevilla FC a partir das 12:00 no Estadio Jesús Navas da Cidade Deportiva do conxunto andaluz co pase á Final Four da Copa de Campións en xogo.

Ambos os equipos empataron sen goles en Abegondo o domingo pasado.

Á mesma hora, o Orzán SD Xuvenil Femenino xógase o título da Primera Autonómica ante o Bergantiños CF (campo 2 da Torre). Os dous equipos chegan a esta última xornada igualados a 68 puntos.

Tamén na Torre pero ás 10:00 o Orzán SD Infantil A Femenino opta ao título do grupo 1º da Liga Galega ante o Victoria CF. As orzanistas, con 2 puntos de desvantaxe na clasificación, necesitan gañar ás blanquinegras para ser campioas de grupo.

Finalmente tamén acaba a Segunda Autonómica o Orzán SD B sub-16 Femenino cun último partido en Cee, ás 12:00. As orzanistas chegan lanzadas despois de 3 partidos consecutivos gañando e cun balance de 13 goles a favor e 0 en contra.

Onte martes en Abegondo, o San Tirso SD Cadete, co seu obxectivo da permanencia na División de Honra xa lograda hai semanas, foi capaz de rabuñar un punto, remontando ademais un 0-2, a un Dépor campión de liga (2-2).

Finalmente, as orzanistas Antía Veiga, Daniela Macedo e Claudia Sande disputan esta tarde a partir das 17:00 un amigable coa selección galega sub-15 ante a SD Villestro de categoría cadete en Villestro.

E as deportivistas Elena Vázquez e Sara Cercido; ademais das orzanistas Yaiza García, Emma Gandoy, Laura Santos e Noelia Mayo adéstranse no campo da Braña (Rois) ás 17:00 coa selección galega sub-17.

Ambos os combinados preparan a Fase Final do Campionato de España: Fase de Oro para a sub-17 e Fase de Plata para a sub-15.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Clasificación final da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF 75 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 72 puntos; 3. Olímpico de León, 58 puntos...

30ª xornada (última): ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - BERGANTIÑOS CF, o domingo 19 de maio ás 12:00 na Torre (campo 2)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF e Orzán SD Xuvenil Femenino, 68 puntos; 3. SD O Val, 57 puntos...

30ª xornada (última): UC CEE - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO, o domingo 19 de maio ás 12:00 no campo Sampaio de Refoxos (Cee)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 5. UD Carral, 52 puntos; 6. Orzán SD B sub-16 Femenino e Sporting Meicende, 46 puntos; 8. SD Antas e Xallas FC, 45 puntos; 10. UC Cee, 41 puntos...

30ª xornada (última): SILVA SD - ORZÁN SD CADETE FEMENINO, o sábado 18 de maio ás 12:00 en San Pedro de Visma (campo 1)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino (xa campión de liga), 81 puntos; 2. Victoria CF, 75 puntos... 6. Silva SD, 50 puntos...

30ª xornada (última): ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - VICTORIA CF, o domingo 19 de maio ás 10:00 na Torre (campo 2)
30ª xornada (última): ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO - RACING DE FERROL, o sábado 18 de maio ás 16:00 na Torre (campo 2)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Victoria CF, 79 puntos; 2. Orzán SD Infantil A Femenino, 77 puntos; 3. Racing de Ferrol, 64 puntos... 10. Arzúa FCF, 27 puntos; 11. Sporting Burgo, 25 puntos; 12. Orzán SD Infantil B Femenino, 22 puntos; 13. AD Cristo Rey, 17 puntos...

Categoría xuvenil
Copa de Campións, cuartos de final, volta: SEVILLA FC - XUVENIL A, o domingo 19 de maio ás 12:00 no Estadio Jesús Navas (Cidade Deportiva do Sevilla FC). Na ida: 0-0

34ª xornada (última): XUVENIL B 3 (Rodrigo, Miguel de Labra e Daniel) - CD CONXO SANTIAGO 3
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B (xa campión, un partido máis), 86 puntos; 2. RC Celta B, 81 puntos...

Categoría cadete
32ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Mauro -2-) - CADETE 2 (Abel e Xabi Campos)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete (xa campión, un partido máis), 92 puntos; 2. RC Celta, 75 puntos... 7. CD Lugo, 43 puntos; 8. ED Xuventude de Oroso, 42 puntos; 9. San Tirso SD Cadete (un partido máis), 41 puntos; 10. Ural Español CF, 40 puntos; 11. CD Areosa e Rápido de Bouzas, 39 puntos...

Categoría infantil
29ª xornada: INFANTIL - RC CELTA, o sábado 18 de maio ás 12:00 en Abegondo
29ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - ESCOLA DE FÚTBOL DSF, o sábado 18 de maio ás 11:00 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 79 puntos; 2. RC Celta, 74 puntos... 6. Escola de Fútbol DSF, 43 puntos... 10. UD Santa Mariña, 34 puntos; 11. CD Conxo Santiago e San Tirso SD Infantil, 32 puntos; 13. CD Lugo, 26 puntos...

Categoría alevín
10ª xornada (última): SADA CF 1 - ALEVÍN A 4 (Nacho Villanueva -2-, Manu Sande e David Gómez)
10ª xornada (última): FABRIL FC ALEVÍN 4 (Miguel Candal -4-) - CD CALASANZ 6
Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Alevín A (un partido máis), 24 puntos; 2. Sada CF (un partido máis) e CD Calasanz (un partido máis), 21 puntos; 4. Fabril FC Alevín (un partido máis), 11 puntos; 5. San Tirso SD, 7 puntos...

Categoría benxamín
10ª xornada (última): ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - BENXAMÍN A, o sábado 18 de maio ás 13:30 na Torre (campo 1.2)
10ª xornada (última): FABRIL FC BENXAMÍN - UD CARRAL, mañá xoves 16 de maio ás 18:30 no Municipal Borja Rodríguez Ans (Carral)
Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Benxamín A (xa campión), 25 puntos; 2. Victoria CF, 21 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF, 12 puntos; 4. Fabril FC Benxamín, 11 puntos; 5. ED Luis Calvo Sanz, 10 puntos; 6. UD Carral, 0 puntos