Recta final das competicións en ANOSACANTEIRA.
Mañá domingo 2 de xuño xógase un único encontro en ANOSACANTEIRA: o Orzán SD Infantil A Femenino recibe ao CD Valladares ás 12:00 na Torre nos cuartos de final da Liga Galega.
As orzanistas foron segundas no grupo 1º e as viguesas, terceiras no grupo 2º.
Hoxe sábado 1 de xuño disputáronse outros 2 partidos.
O Orzán SD Cadete Femenino goleou na Torre (5-0) ao Lóstrego CF nos cuartos de final da Liga Galega e xa está en semifinais.
As orzanistas foron campioas do grupo 1º mentres que o conxunto pontevedrés acabou en 4ª posición do grupo 2º.
No outro partido o San Tirso SD Cadete concluíu a División de Honra co obxectivo cumprido. O seu rival no Monte foi o Racing de Ferrol (0-5).
Ademais no campo de Burgáns (Cambados) o Benxamín A (na foto principal da noticia) proclamouse campión galego de fútbol 8 ao derrotar (6-2) ao RC Celta na gran final polo título.
Os branquiazuis eliminaron en semifinais ao CD Soutomaior.
O Alevín A (foto inferior), apeado polos celestes en semifinais, logrou a medalla de bronce.
A xornada da semana abriuna o pasado xoves en Meis o Cadete, xa campión hai varias semanas. O conxunto branquiazul, sen tensión competitiva, caeu (3-1) ante o Arosa SC.
O calendario de partidos oficiais, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
Copa da Coruña, semifinais (martes 28): BERGANTIÑOS CF 2 - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 2 (Noe Gómez -2-). A penaltis: 4-3
Liga Galega cadete, cuartos de final: ORZÁN SD CADETE FEMENINO 5 (Alexia Freire, Daniela Macedo -2- e dous futbolistas rivais en propia meta) - LÓSTREGO CF 0
Liga Galega infantil, cuartos de final: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - CD VALLADARES, mañá domingo 2 de xuño ás 12:00 na Torre (campo 1)
Categoría cadete
División de Honra, 34ª xornada (última, xoves 31): AROSA SC 3 - CADETE 1 (Lucas)
División de Honra, 34ª xornada (última): SAN TIRSO SD CADETE 0 - RACING DE FERROL 5
Categoría alevín
Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8 no campo de Burgáns (Cambados)
Sábado 1 de xuño
Semifinais
CELTA 3 - ALEVÍN A 2 (Álvaro Gómez e Nacho Villanueva)
Terceiro e cuarto posto
ALEVÍN A 6 (Álvaro Gómez -2-, Hugo Macedo, Rui Caamaño e Manu Sande) - SADA CF 2
Categoría benxamín
Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8 no campo de Burgáns (Cambados)
Sábado 1 de xuño
Semifinais
BENXAMÍN A 6 (Alberto Novo -3-, Leo Lorenzo e Antón Fernández) - CD SOUTOMAIOR 0
Final
BENXAMÍN A 6 (Mateo Songo'o -3-, Leo Lorenzo -2- e Yago Prieto) - RC CELTA 2