RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado, con triunfo do Dépor ABANCA B en Zamora; e calendario de mañá, co Fabril en Cantabria

ANOSACANTEIRA retoma a competición oficial despois do parón da Semana Santa.

Mañá domingo 7 sobresae o partido do Fabril (na foto da noticia) ás 12:00 na localidade cántabra de Sarón fronte ao CD Cayón.

Os fabrilistas, que recuperan a Diego Gómez após cumprir o seu partido de sanción, buscan sumar os 3 puntos que se escaparon o pasado domingo en Abegondo ante o UP Langreo.

É baixa Rubén López, citado polo primeiro equipo para o partido en ABANCA-RIAZOR ante o Unionistas de Salamanca CF; e os lesionados David Vilán e Lache, este con unha lesión muscular nos isquiotibiais.

A esa mesma hora, as 12:00, hai visita do Xuvenil A (en Meis) e do Infantil (en Vilagarcía) ao Arosa SC; e do Alevín ao CD Lugo co liderado do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 en xogo xa que ambos os equipos marchan igualados na cabeza.

Os infantís deportivistas Lucas López, Daniel López, Eder Vilas, Nico Naveiras, Raúl Lema, Roi Castro e Sergio Cortizo; ademais de Antón Vilariño e Hugo Ferreiros do San Tirso SD Infantil están convocados coa selección galega sub-14 para un amigable o martes 9 de abril ás 17:15 na Madroa ante o RC Celta de Liga Galega cadete.

Ademais, o Cadete, ao mando da División de Honra, mídese no campo Baltasar Pujales (13:00) ao Rápido de Bouzas; e o San Tirso SD Infantil en Condomínguez ao ED Val Miñor Nigrán (16:30).

Os cadetes branquiazuis Rodrigo Leiva, Íker Fernández, Miguel de Labra, Nico Ruiz e Pablo García; con Gael Irimia, Mauro Valeiro e Samba Wade do San Tirso SD Cadete xogarán o martes 9 de abril ás 19:15 un amigable coa selección galega sub-16 ante o RC Celta de Liga Nacional xuvenil.

Os partidos dos 'orzanes', o Orzán SD Xuvenil Femenino na Torre ante o Domaio CF (16:00), o do Orzán SD B sub-16 Femenino en Antas de Ulla (16:30), o do Orzán SD Infantil A Femenino no campo Eugenio Pardo Conchado (Oleiros) ante o AD Cristo Rey (17:30), e o do Orzán SD Infantil B Femenino na Torre ante o Torre SD (18:00) poñen o punto e final ao fin de semana.

No primeiro deles é baixa Dunia Dahmouni, concentrada de novo coa selección de Marrocos sub-17 para participar nuns adestramentos no Complexo Mohammed VI en Rabat até o próximo 9 de abril.

Hoxe sábado celebráronse 6 partidos con representación deportivista.

O Deportivo ABANCA B sumou 3 puntos na localidade zamorana de Bóveda de Toro no seu partido da 25ª xornada en Tercera Federación FutFem ante o CD Bovedana (0-2). Decidiron os goles de Noela e Paula Monteagudo.

No filial foi baixa Michi Apóstol, concentrada coa selección venezolana sub-20 para preparar o Campionato Suramericano que arrinca nos próximos días en Ecuador.

No entanto, Óscar Orro, técnico deportivista, puido contar coas xogadoras que están en dinámica do primeiro equipo, dado o parón en Primera Federación Iberdrola, como Paula Novo, Lucía Rivas, Paula Monteagudo, Carmen Carballada e Elena Vázquez.

As futbolistas branquiazuis Elena Vázquez, Lucía Rivas e Sara Cercido; xunto ás orzanistas Yaiza García, Emma Gandoy, Laura Santos e Noelia Mayo están convocadas para un adestramento coa selección galega sub-17 este mércores 10 de abril ás 17:00 no campo da Braña en Rois.

Ademais dos dous equipos benxamíns na Torre, o Xuvenil B, á fronte da Liga Nacional, superou (2-0) en Abegondo ao Coruxo FC B; e o San Tirso SD Cadete no Monte ao Coruxo FC por idéntico resultado (2-0).

Fóra de casa competiu o Orzán SD Cadete Femenino, líder do subgrupo 1º da Liga Galega, no campo de Xaviña en Buño ante o UD Cerqueda (1-10).

As orzanistas Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo están citadas pola selección galega sub-15 para un adestramento o mércores 10 de abril ás 17:00 no campo da Braña (Rois).

O calendario abriuno o mércores o sólido triunfo (0-3) do San Tirso SD Cadete en Nigrán ante o ED Val Miñor en partido correspondente á 25ª xornada da División de Honra, disputada o pasado 23 e 24 de marzo.

O pasado xoves, en Abegondo víronse as caras o Alevín A e o Fabril FC Alevín en partido correspondente á 3ª xornada na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.

Venceron os branquiazuis (7-1) a un equipo fabrilista integrado por xogadores un ano menores.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 25ª xornada: CD BOVEDANA 0 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Noela e Paula Monteagudo)

Primera Autonómica, 24ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - DOMAIO CF, mañá domingo 7 de abril ás 16:00 na Torre (campo 1)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 24ª xornada: ANTAS SD - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO, mañá domingo 7 de abril ás 16:30 no campo Castro Seoane (Antas de Ulla)

Liga Galega cadete, subgrupo 1º, 24ª xornada: UD CERQUEDA 1 - ORZÁN SD CADETE FEMENINO 10 (Sofía Rodríguez -2-, Marta Moreno -3-, Sofía Milhem -3-, Paula Martínez e Valentina Millón)

Liga Galega infantil, subgrupo 1º, 24ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - AD CRISTO REY, mañá domingo 7 de abril ás 17:30 no campo Eugenio Pardo Conchado (Oleiros)
Liga Galega infantil, subgrupo 1º, 24ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO - TORRE SD, mañá domingo 7 de abril ás 18:00 na Torre (campo 3)

Segunda Federación
30ª xornada: CD CAYÓN - FABRIL, mañá domingo 7 de abril ás 12:00 no estadio Fernando Astobiza (Sarón, Cantabria)

Categoría xuvenil
División de Honra, 26ª xornada: AROSA SC - XUVENIL A, mañá domingo 7 de abril ás 11:00 no campo Municipal de Zacande (Meis)

Liga Nacional, 28ª xornada: XUVENIL B 2 (Rubén e Lucas) - CORUXO FC B 0

Categoría cadete
División de Honra, 26ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS - CADETE, mañá domingo 7 de abril ás 13:00 no campo Baltasar Pujales (Vigo)
División de Honra, 25ª xornada (mércores 3): ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0 - SAN TIRSO SD CADETE 3 (Gael -2- e Pablo Crespo)
División de Honra, 26ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Mauro e Nico) - CORUXO FC 0

Categoría infantil
División de Honra, 24ª xornada: AROSA SC - INFANTIL, mañá domingo 7 de abril ás 12:00 no campo Manuel Jiménez Abalo (Vilagarcía)
División de Honra, 24ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - SAN TIRSO SD INFANTIL, mañá domingo 7 de abril ás 16:30 no campo de Condomínguez (Nigrán)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 6ª xornada: CD LUGO - ALEVÍN, mañá domingo 7 de abril ás 12:00 no Municipal Rodríguez Lago (campo 1)

Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 3ª xornada (xoves 4): ALEVÍN A 7 (David Gómez -3-, Nacho Villanueva, Jorge Fernández, Hugo Macedo e Manu Sande) - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Miguel Candal)

Categoría benxamín
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 3ª xornada: BENXAMÍN A 5 (Mateo Songo'o -2- Leo Lorenzo -2- e Álex Casado) - VICTORIA CF 2
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 3ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Gael Fernández -3-, Nico Castro e Joel Losada) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1