RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado e calendario para mañá, con citas decisivas para Xuvenil A, Orzán SD Xuvenil Femenino e Orzán SD Infantil A Femenino

Domingo 19 de maio con citas decisivas para 3 equipos de #ANOSACANTEIRA.

Ás 12:00, o Xuvenil A (na foto da noticia) mídese ao Sevilla FC no Estadio Jesús Navas da Cidade Deportiva do conxunto andaluz co pase á Final Four da Copa de Campións en xogo.

O encontro será retransmitido en directo pola canle oficial de Youtube do RC Deportivo.

Ambos os equipos empataron sen goles en Abegondo o domingo pasado, co que o pase se decidirá en Sevilla.

Manuel Pablo, técnico deportivista, citou aos seguintes xogadores: Román, Anxo, Vilela, Pablo Parada, Carreira, Zoe, Álvaro, Domínguez, Guerrero, Álex Delgado, Hugo Torres, Noé, Ayman, Pablo García, Manu Ferreiro, Mardones, Carletto, Martiño, Samuel Fernández, Lucas e Kevin.

O Xuvenil A realizou esta mañá un último adestramento na Cidade Deportiva do Sevilla FC.

É baixa Amin Mustapha, que mañá domingo se incorpora á concentración da selección sub-20 de Marrocos no Complexo Mohammed VI en Rabat que se prolongará até o próximo 26 de maio. Neste período, o combinado nacional marroquí disputará dous partidos amigables ante a República Democrática do Congo.

Á mesma hora dos cuartos de final da Copa de Campións, o Orzán SD Xuvenil Femenino xógase o liderado da Primera Autonómica ante o Bergantiños CF (campo 2 da Torre). Os dous equipos chegan a esta última xornada igualados a 68 puntos.

Tamén na Torre pero ás 10:00 o Orzán SD Infantil A Femenino disputa o primeiro posto do grupo 1º da Liga Galega ante o Victoria CF. As orzanistas, con 2 puntos de desvantaxe na clasificación, necesitan gañar ás blanquinegras.

Finalmente tamén acaba a Segunda Autonómica o Orzán SD B sub-16 Femenino cun último partido en Cee, ás 12:00. As orzanistas chegan lanzadas despois de 3 partidos consecutivos gañando e cun balance de 13 goles a favor e 0 en contra.

Hoxe sábado a atención en #ANOSACANTEIRA estivo centrada no partido do Infantil ante o RC Celta.

Con 6 puntos en xogo para concluír a División de Honra, os branquiazuis chegaban ao choque con 5 puntos de renda á fronte da táboa sobre os célticos.

Así pois, un empate ou un triunfo deportivista sería suficiente para cantar o alirón.

Pero o partido levouno (2-3) o RC Celta cun gol no último minuto. Así pois, todo queda para a próxima xornada, na que ao equipo deportivista válelle un empate en Vigo ante o UD Santa Mariña para ser campión independentemente do que faga o equipo céltico no seu partido ante o CD Areosa.

Xogaron en casa tamén o San Tirso SD Infantil, no Monte ante o Escola de Fútbol DSF (2-3); e o Orzán SD Infantil B Femenino, na Torre ante o Racing de Ferrol (0-8).

Como visitante, o Orzán SD Cadete Femrnino finalizou en primeira posición do grupo 1º da Liga Galega cun último partido ante o Silva SD (0-8).

Por outra banda, a semana transcorreu con partidos case cada día en ANOSACANTEIRA.

Así, o mércores pola tarde o Xuvenil B concluíu como campión a Liga Nacional en Abegondo cun entretido empate (3-3) ante o CD Conxo Santiago.

Ademais xogáronse os últimos partidos dos dous equipos alevíns na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8. Neles o Alevín A venceu (1-4) ao Sada CF no campo Andrés Pena - As Mariñas e proclamouse campión.

Na II edición da Copa da Coruña feminina, o Orzán SD Xuvenil Femenino apeou ao Orillamar SD (2-4) e accedeu aos cuartos de final.

O xoves 16 o Fabril FC Benxamín buscaba unha vitoria en Carral para optar á 3ª praza da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 que daría acceso á Fase Intermedia do Campionato Galego.

Os fabrilistas necesitaba gañar o seu partido e que o 'Monta', agora 3º, non o fixese no seu partido de hoxe sábado ante o Benxamín A.

Cumpriron o seu obxectivo (3-2) ao vencer e, co triunfo do Dépor (0-7), lograron o pase para a Fase Intermedia do Campionato Galego.

O pasado martes en Abegondo, o San Tirso SD Cadete, co seu obxectivo da permanencia na División de Honra xa lograda hai semanas, foi capaz de rabuñar un punto, remontando ademais un 0-2, a un Dépor campión de liga (2-2).

Finalmente, as orzanistas Antía Veiga, Daniela Macedo e Claudia Sande disputaron un amigable coa selección galega sub-15 ante a SD Villestro de categoría cadete en Villestro.

E as deportivistas Elena Vázquez e Sara Cercido; ademais das orzanistas Yaiza García, Emma Gandoy, Laura Santos e Noelia Mayo adestráronse no campo da Braña (Rois) coa selección galega sub-17.

Ambos os combinados preparan a Fase Final do Campionato de España: Fase de Oro para a sub-17 e Fase de Plata para a sub-15.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Primera Autonómica, 30ª xornada (última): ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - BERGANTIÑOS CF, mañá domingo 19 de maio ás 12:00 na Torre (campo 2)

Copa de A Coruña, oitavos de final (xoves 16): ORILLAMAR SD 2 - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 4 (Noe Mayo -2- e Noe Gómez -2-)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 30ª xornada (última): UC CEE - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO, mañá domingo 19 de maio ás 12:00 no campo Sampaio de Refoxos (Cee)

Liga Galega, subgrupo 1º, 30ª xornada (última): SILVA SD 0 - ORZÁN SD CADETE FEMENINO 8 (Martina Vázquez, Daniela Macedo, Alexia Freire -5- e Valeria Montero)

Liga Galega, subgrupo 1º, 30ª xornada (última): ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - VICTORIA CF, mañá domingo 19 de maio ás 10:00 na Torre (campo 2)
Liga Galega, subgrupo 1º, 30ª xornada (última): ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 0 - RACING DE FERROL 8

Categoría xuvenil
Copa de Campións, cuartos de final, volta: SEVILLA FC - XUVENIL A, mañá domingo 19 de maio ás 12:00 no Estadio Jesús Navas (Cidade Deportiva do Sevilla FC). Na ida: 0-0

Liga Nacional, 34ª xornada (última, mércores 15): XUVENIL B 3 (Rodrigo, Miguel de Labra e Daniel) - CD CONXO SANTIAGO 3

Categoría cadete
División de Honra, 32ª xornada (martes 14): SAN TIRSO SD CADETE 2 (Mauro -2-) - CADETE 2 (Abel e Xabi Campos)

Categoría infantil
División de Honra, 29ª xornada: INFANTIL 2 (Gabri e Guille) - RC CELTA 3
División de Honra, 29ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Manu Alcázar e Hugo Ferreiros) - ESCOLA DE FÚTBOL DSF 3

Categoría alevín
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 10ª xornada (última, mércores 15): SADA CF 1 - ALEVÍN A 4 (Nacho Villanueva -2-, Manu Sande e David Gómez)
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 10ª xornada (última, mércores 15): FABRIL FC ALEVÍN 4 (Miguel Candal -4-) - CD CALASANZ 6

Categoría benxamín
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 10ª xornada (última): ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0 - BENXAMÍN A 7 (Mateo Cardelle -2-, Alberto Novo -2-, Mateo Songo'o -2- e Adrián Liñares)
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 10ª xornada (última, xoves 16): FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Leo Galván, César Leira e Leo Barro) - UD CARRAL 2