RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA, con derrota do Dépor ABANCA B e Real Oviedo, e calendario de mañá domingo

Mañá domingo 10 de decembro o choque estrela en #ANOSACANTEIRA será o do Fabril en Abegondo (Youtube RC Deportivo) a partir das 19:30 ante o Coruxo FC. 

Ambos os conxuntos chegan ao encontro igualados na zona media da clasificación de Segunda Federación con 17 puntos.

Pérdense o partido por lesión Diego Gómez, Puerto, Quique Teijo e Thymos, este a consecuencia dunha escordadura no seu xeonllo dereito.

Óscar Gilsanz agardará polos fabrilistas que están citados co Dépor para tamén mañá domingo ás 16:00 recibir en ABANCA-RIAZOR ao Sestao River: Martín Ochoa, Mella, Rubén, Kevin, Marc Lachèvre e Óscar Marotías; así como ao partido desta tarde do Xuvenil A en Oviedo.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva de Abegondo para o encontro. 

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras acodes socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Na matinal, cos partidos de liga dos dous equipos alevíns correspondentes ao subgrupo 1º de Primera A Coruña de fútbol 8, o Orzán SD Xuvenil Femenino visita ao PM Friol B (12:00) na Primera Autonómica; o Orzán SD Cadete Femenino recibe na Torre ao Dumbría CF (12:00), o Orzán SD Infantil A Femenino mídese ao Club Rosalía Mera (10:00) en San Pedro de Visma (campo 2) e o Orzán SD Infantil B Femenino ao Atlético Arteixo (10:00) en Ponte dos Brozos.

Do mesmo xeito que o Fabril, pola tarde (18:00) o Orzán SD B sub-16 Femenino enfróntase ao SCD Milagrosa na Torre en Segunda Autonómica.

Hoxe sábado 9 destacou a derrota (3-1) do Deportivo ABANCA B, 2º clasificado de Tercera Federación FutFem, en casa do líder, o Real Avilés CF, que se distancia así na cabeza da táboa.

O filial feminino adxudicouse o pasado mércores na localidade coruñesa de Cabana de Bergantiños un torneo benéfico contra o cancro baixo a modalidade de 'tres nun' ao derrotar por 2-0 ao Bergantiños CF e a unha selección da Costa da Morte. Cada partido durou 45 minutos.

A internacional deportivista Elena Vázquez, natural de Carballo, foi a encargada de realizar o saque de honra.

Ademais, o Xuvenil A perdeu o paso (3-0) co Real Oviedo e cae á 4ª praza da División de Honra.

Na Liga Nacional, o Xuvenil B igualou (1-1) na Coruña cun dos conxuntos do grupo de cabeza, o Atlético Coruña Montañeros CF. O RC Celta B, que gañou o seu partido, colócase a 5 puntos.

Finalmente o Infantil, tamén na Coruña, impúxose (0-6) ao Ural Español CF e mantén así o liderado da División de Honra con 2 puntos de vantaxe sobre o RC Celta.

Seis equipos abriron onte venres 8 de decembro, día festivo, unha longa fin de semana de partidos.

O San Tirso SD Cadete e o San Tirso SD Infantil visitaron ao CD Conxo Santiago (1-0) e Arosa SC (0-1) respectivamente en partidos da División de Honra das dúas categorías adiantados.

Así mesmo, Alevín A, Benxamín A e Fabril FC Benxamín disputaron onte a primeira xornada do Torneo Internacional Tucho de la Torre, que hoxe sábado foi suspendido debido ao tráxico falecemento nun accidente de tráfico de dous mozos en Marín, un deles vinculado ao EF Vila de Marín. 

Por outra banda, o Fabril FC Alevín (na foto da noticia) caeu nos cuartos de final da Zaratán Cup 2023 no municipio valisoletano de Zaratán. O seu verdugo foi o Betis Valladolid (1-3).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Torneo benéfico contra o cancro no campo das Redondas (Cabana de Bergantiños)
Mércores 6 de decembro
DEPORTIVO ABANCA B 2 (Noe Gómez e Iria Otero) - BERGANTIÑOS CF 0
SELECCIÓN DA COSTA DA MORTE 0 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Andrea Ansede e Dunia Dahmouni)

Tercera Federación FutFem, 13ª xornada: REAL AVILÉS CF 3 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Lucía Rivas)

Primera Autonómica, 13ª xornada: PM FRIOL B - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, mañá domingo 10 de decembro ás 12:00 na Reigosa (Friol)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 13ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - SCD MILAGROSA, mañá domingo 10 de decembro ás 18:00 na Torre (campo 2)

Liga Galega, subgrupo 1º, 7ª xornada (mércores 6): ORZÁN SD CADETE FEMENINO 10 (Alexia Freire -2-, Lucía González -5-, Sofía Rodríguez, Sofía Milhem e Valentina Millón) - SCD PASTORIZA 1
Liga Galega, subgrupo 1º, 13ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO - DUMBRÍA CF, mañá domingo 10 de decembro ás 12:00 na Torre (campo 2)

Liga Galega, subgrupo 1º, 13ª xornada: CLUB ROSALÍA MERA - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO, mañá domingo 10 de decembro ás 10:00 en San Pedro de Visma (campo 2)
Liga Galega, subgrupo 1º, 13ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, mañá domingo 10 de decembro ás 10:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Segunda Federación
15ª xornada: FABRIL - CORUXO FC, mañá domingo 10 de decembro ás 19:30 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 14ª xornada: REAL OVIEDO 3 - XUVENIL A 0

Liga Nacional, 15ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - XUVENIL B 1 (David)

Categoría cadete
División de Honra, 13ª xornada: CADETE - ED XUVENTUDE DE OROSO, mañá domingo 10 de decembro ás 18:30 en Abegondo
División de Honra, 13ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 1 - SAN TIRSO SD CADETE 0

Categoría infantil
División de Honra, 12ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - INFANTIL 6 (Sergio Cortizo -3-, Nico, Raúl e Picallo)
División de Honora, 12ª xornada: AROSA SC 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Pablo Barral)

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 8ª xornada: CD CALASANZ - ALEVÍN A, mañá domingo 10 de decembro ás 9:30 na Torre (campo 4)

VII Torneo Internacional Tucho de la Torre no campo de San Pedro (Marín)
Primeira Fase
Venres 8 de decembro
ALEVÍN A 3 (Álvaro Gómez, Enzo Bértoa e Manu Sande) - CD LUGO 0
PABELLÓN OURENSE CF 0 - ALEVÍN A 1 (Nacho Villanueva)
SC BRAGA 2 - ALEVÍN A 2 (David Gómez -2-)
ALEVÍN A 4 (Manu Sande, Álvaro Gómez, Sergio Fernández e Nacho Villanueva) - EF VILA DE CORPUS 0

Sábado 9 de decembro
11:30: FC PORTO - ALEVÍN A, suspendido

Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 8ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - IMPERÁTOR OAR, mañá domingo 10 de decembro ás 10:30 na Torre (campo 4)

Zaratán Cup 2023 nos campos do Plantío de Zaratán (Valladolid)
Primeira fase
Venres 8 de decembro
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Xiao Fontao e Nico Rodríguez) - ARANDINA CF A 1
FABRIL FC ALEVÍN 9 (Xiao Fontao, Hugo Álvarez, Miguel Candal -4-, Alejandro Astray, Hugo Oliveira e Hugo Quintela) - ZARATÁN SPORT B 1
FABRIL FC ALEVÍN 10 (Alejandro Astray -3-, Hugo Álvarez -2-, Xiao Fontao, Nico Rodríguez, Hugo Oliveira, Hugo Quintela e Miguel Candal) - ATLÉTICO TORDESILLAS 1

Sábado 9 de diciembre
Fase de Ouro 
FABRIL FC ALEVÍN 5 (Álex Balderráno -2-, Hugo Álvarez, Hugo Bujía e Íker Ferreiro) - ARANDINA CF B 1

Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Alejandro Astray) - BETIS VALLADOLID 3

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 8ª xornada (martes 5): BENXAMÍN A 8 (Alberto Novo -3-, Mateo Songo'o -2-, Alex Casado, Leo Lorenzo e Antón Fernández) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0

VII Torneo Internacional Tucho de la Torre no campo de San Pedro (Marín)
Primeira Fase
Venres 8 de decembro
BENXAMÍN A 5 (Mateo Songo'o -2-, Alberto Novo, Andrés Valencia e Adrián Liñares) - AROSA SC 1
PABELLÓN OURENSE CF 0 - BENXAMÍN A 2 (Antón Fernández e Leo Lorenzo) 
SC BRAGA 1 - BENXAMÍN A 3 (Enzo -2- e Mateo Songo'o)
BENXAMÍN A 2 (Saúl Cancela e Mateo Songo'o) - UD SANTA MARIÑA 0

Sábado 9 de decembro
10:00: FC PORTO - BENXAMÍN A, suspendido

Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º, 8ª xornada (martes 5): FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Joel Losada -2- e Martín Martelo) - UD CARRAL 0

VII Torneo Internacional Tucho de la Torre no campo de San Pedro (Marín)
Primeira Fase
Venres 8 de decembro
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Leo Galván) - VITÓRIA SC 1
12:30: FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Martín Martelo e Nico Castro) - EF VILA DE MARÍN 2
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - SPORTING DE GIJÓN 2
SPORTING CP 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 0

Sábado 9 de decembro
11:00: RC CELTA - FABRIL FC BENXAMÍN, suspendido