Intensa semana en #ANOSACANTEIRA con dous partidos mañá domingo.
Despois do triunfo do pasado mércores no Estadio Vero Boquete ante a SD Compostela con 3 xuvenís no once e con golazo incluído de Manu Ferreiro desde campo propio, o Fabril recibe ao Real Avilés Industrial ás 12:00 en Abegondo (YouTube RC Deportivo).
Os asturianos son cuartos na clasificación da Segunda Federación con 1 punto de vantaxe sobre os fabrilistas.
O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.
Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
O outro partido da xornada será en Coles, onde o Xuvenil B visita en Liga Nacional ao UD Ourense.
Hoxe sábado golearon en Abegondo o Xuvenil A ante o CD Choco (7-0) e o Cadete ante o Ural Español CF (9-0); mentres que o San Tirso SD Cadete caeu fronte ao Pabellón Ourense CF (0-1) cun gol visitante aos 3 minutos.
Así mesmo, comezou o Alevín A con triunfo (10-1) ante o Atlético Perillo a súa participación no grupo A da Loita polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.
Atlético Coruña Montañeros CF e Betanzos CF son os outros dous rivais dos deportivistas.
O formato de competición é de liga a dobre volta no que o primeiro accederá á Fase Intermedia do Campionato Galego.
Pola súa banda, o Fabril FC Alevín arrincou o grupo A do Torneo Delegación de fútbol 8 co CF Ozacesuras como primeiro rival: 3-1.
Neste caso o formato de competición é de liga a unha soa volta no que o campéon e o 2º mellor dos 3 grupos acceden ás semifinais.
Ademais compoñen o grupo a UD Carral, a Santa Cruz CF e o Imperátor OAR.
En categoría benxamín, o Benxamín A venceu (0-6) ao Atlético Arteixo e o temporal de choiva provocou a suspensión do partido do Fabril FC Benxamín ante o Sada CF na eliminatoria previa de acceso á Fase Intermedia do Campionato Galego.
O pasado xoves xogáronse 2 encontros en Abegondo.
O Infantil superou por 5-2 ao San Tirso SD Infantil na 22ª xornada da División de Honra. Os branquiazuis lideran a categoría con 61 puntos, igualados co RC Celta.
E ao concluír, o Alevín venceu (10-0) ao San Tirso SD na 4ª xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.
O pasado martes, o conxunto deportivista derrotara (0-9) ao Galicia Caranza na 3ª xornada en partido correspondente á pasada fin de semana, no que os deportivistas participaron nun torneo amigable en Portugal.
Finalmente, os deportivistas Brais Araújo, Mateo Cortizas, Thiago López e Xiao Fontao, do Alevín A; ademais de Nacho Villanueva do San Tirso SD Infantil foron convocados pola selección galega sub-12 para un amigable que se disputou ante o CD Choco no campo de Santa Mariña en Redondela.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
20ª xornada (mércores 19): SD COMPOSTELA 0 - FABRIL 3 (Guerrero, Manu Ferreiro e Garrido)
28ª xornada: FABRIL - REAL AVILÉS INDUSTRIAL, mañá domingo 23 de marzo ás 12:00 en Abegondo
Categoría xuvenil
División de Honra, 25ª xornada: XUVENIL A 7 (Rubén -2-, Lucas -2-, Álvaro e Dipanda -2-) - CD CHOCO 0
Liga Nacional, 25ª xornada: UD OURENSE - XUVENIL B, mañá domingo 23 de marzo ás 12:00 no campo de Albán (Coles)
Categoría cadete
División de Honra, 24ª xornada: CADETE 9 (Gael -4-, Elías Trigo, Guille, Pablo Crespo -2- e Roi) - URAL ESPAÑOL CF 0
División de Honra, 24ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 0 - PABELLÓN OURENSE CF 1
Categoría infantil
División de Honra, 22ª xornada (xoves 20): INFANTIL 5 (Thiago Montes, Tiago Caamaño, Antón, Jaime e un futbolista rival en propia meta) - SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Carlos Crespo e Mario González)
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 3ª xornada (martes 18): GALICIA CARANZA 0 - ALEVÍN 9 (Hugo Álvarez -2-, Mateo Cortizas -2-, Miguel Candal, Nico Rodríguez-Ponce, Lucas Albor, Thiago López e Hugo Quintela)
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 4ª xornada: ALEVÍN 10 (Lucas Albor -2-, Hugo Álvarez -3-, Alejandro Astray -2-, Miguel Candal e Nico Rodríguez-Ponce) - SAN TIRSO SD 0
Loita polo título da Primera A Coruña de fútbol 8, grupo A, 1ª xornada: ALEVÍN A 10 (Miguel Candal -2-, Nico Rodríguez-Ponce -2-, Mateo Cortizas -2-, Lucas Albor, Sergio Fernández, Alejandro Astray e Hugo Álvarez) - ATLÉTICO PERILLO 1
Torneo Delegación, grupo A, 1ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 3 (Alberto Novo, Adrián Liñares e Enzo Fernández) - CF OZACESURAS 1
Categoría benxamín
Eliminatoria de acceso á Fase Intermedia, ida: ATLETICO ARTEIXO 0 - BENXAMÍN A 6 (Joel Losada -2-, Gael Fernández, Martín Coronel, Pablo Couso e Martín Martelo)
Eliminatoria de acceso á Fase Intermedia, ida: SADA CF - FABRIL FC BENXAMÍN, suspendido
