Tres partidos con representación orzanista completan mañá domingo o calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA. Na Torre xoga o Orzán SD B sub-16 Femenino (16:00) ante o Sporting Meicende; e os dous restantes fóra: o Orzán SD Xuvenil Femenino en Narón (16:30) ante a SD O Val e o Orzán SD Infantil A Femenino en Lugo (12:00) ante a SCD Milagrosa.
Hoxe sábado desenvolveuse o groso da xornada, incluídos os partidos dos dous filiais.
Un Fabril con 7 ausencias caeu en Ourense (1-0) ante un rival da zona alta da táboa. Decidiu o encontro un tanto do dianteiro local Salinas no minuto 53.
Óscar Gilsanz tivo as baixas do lesionados Puerto, cunha escordadura de nocello; Diego Gómez, cunha fractura no quinto metacarpiano da súa man dereita; e Fernando Solominos, cunha lesión muscular no sóleo da súa perna esquerda.
Ademais, Mella, Jairo, Rubén e Martín Ochoa quedaron co primeiro equipo para o partido de mañá en Ponferrada.
Foi titular o atacante xuvenil Kevin, que até o xoves estivo concentrado coa selección española sub-17 para uns adestramentos, posto que o dobre amigable ante Israel previsto inicialmente foi suspendido pola situación que atravesa o país hebreo.
Pola súa banda, o Deportivo ABANCA B (na foto da noticia) goleou na Cidade Deportiva (5-0) ao Real Oviedo Femenino B, un equipo tamén da zona nobre de Tercera Federación FutFem. Con este resultado, as xogadoras que prepara Óscar Orro achéganse de novo ao liderado.
Ademais disputáronse outros 6 partidos con representación deportivista.
Destaca o do Xuvenil A, que tombou en Abegondo (1-0) a un dos grandes, o Sporting de Gijón. Os branquiazuis chegaban ao partido despois de protagonizar a goleada da xornada a pasada fin de semana co 8-1 ao SD Revilla.
Tamén na Cidade Deportiva o Cadete venceu pola mínima ao CD Conxo Santiago (2-1) e no Monte o San Tirso SD Cadete dobrou o xeonllo ante o RC Celta (1-3).
Destes dous equipos, os branquiazuis Íker Fernández, Janusz, Nico Ruiz, Pablo García, Rodrigo e Leandro; ademais de Gael, Mauro e Samba do San Tirso SD Cadete estiveron coa selección galega sub-16 nun partido amigable o pasado mércores no campo de Valiño de Boiro ante o CD Boiro de Liga Nacional xuvenil.
A maiores, o Orzán SD Cadete Femenino, cunha traxectoria inmaculada até a data na Liga Galega, dobregou na Torre ao Victoria CF (5-0), nun duelo coruñés de altos voos.
Fóra de casa, o Xuvenil B, con pleno de triunfos na Liga Nacional, goleou en Boiro (0-8); e o Orzán SD Infantil B Femenino non conseguiu sumar a súa primeira vitoria na Liga Galega en Pastoriza (7-0).
O pasado xoves 12 de outubro, día festivo, houbo actividade coa participación de tres equipos no Torneo EF Lalín na modalidade de fútbol 8; e dun amigable do Fabril FC Alevín en Abegondo ante o Sada CF, saldado con vitoria fabrilista (7-1).
No Manuel Anxo Cortizo lalinense, Alevín A e Benxamín A foron campións; mentres que o Fabril FC Benxamín, brillante semifinalista.
Ademais, Leo Lorenzo, do conxunto benjamín, foi nomeado mellor xogador do torneo.
O calendario desta semana abrírono o Infantil e San Tirso SD Infantil, que adiantaron ao pasado martes 10 de outubro en Abegondo o seu partido correspondente á 5ª xornada da División de Honra infantil.
Victoria lóxica para o conxunto deportivista (5-0), con xogadores un ano maiores que 'os verdes', grazas aos goles de Miguel -3-, Antón e Raúl.
No conxunto branquiazul, Nikolay, Sergio Cortizo, Raúl e Esteban participaron nun amigable da selección galega sub-14 o pasado mércores no campo de Valiño (Boiro) ante o EFM Concello de Boiro; ao que tamén acudiron Hugo Ferreiros e Antón Vilariño, do San Tirso SD Infantil.
Finalmente, #ANOSACANTEIRA segue de parabén posto que Elena Vázquez Brandón (Carballo, A Coruña, 8 de outubro de 2007), xogadora do Deportivo ABANCA B, foi convocada de novo por Kenio Gonzalo, seleccionador español sub-17, para unhas xornadas de adestramento a próxima semana.
A selección española feminina sub-17 concentrarase na Cidade do Fútbol de Las Rozas o luns 16 de outubro para realizar varias sesións de adestramento. Dita concentración estenderase até o mércores 18 de outubro, despois da comida.
A pasada semana, do luns 2 ao mércores 4 de outubro, Elena traballou tamén en Las Rozas con este mesmo combinado nacional, naquela ocasión xunto á súa compañeira Lucía Rivas, que esta vez non foi convocada.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 6ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - REAL OVIEDO FEMENINO B 0
Primera Autonómica, 5ª xornada: SD O VAL - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, mañá domingo 15 de outubro ás 16:30 no campo de O Sinde A (Narón)
Segunda Autonómica, subrupo 1º, 4ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - SPORTING MEICENDE, mañá domingo 15 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Liga Galega, 4ª xornada. ORZÁN SD CADETE FEMENINO 5 (Sofía Milhem -2-, Candela González e Sofía Rodríguez -2-) - VICTORIA CF 0
Liga Galega, 4ª xornada: SCD MILAGROSA - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO, mañá domingo 15 de outubro ás 12:00 no campo Luis Gorgoso (Lugo)
Liga Galega, 4ª xornada: SCD PASTORIZA 7 - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 0
Segunda Federación
7ª xornada: OURENSE CF 1 - FABRIL 0
Categoría xuvenil
División de Honra, 7ª xornada: XUVENIL A 1 (Domínguez) - SPORTING DE GIJÓN 0
Liga Nacional, 6ª xornada: CD BOIRO 0 - XUVENIL B 8 (Lucas -2-, Rubén -2-, Héctor e Rodrigo -3-)
Categoría cadete
División de Honra, 6ª xornada: CADETE 2 (Miguel de Labra e Guille) - CD CONXO SANTIAGO 1
División de Honra, 6ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Antón) - RC CELTA 3
Categoría infantil
División de Honra, martes 10, 5ª xornada: INFANTIL 5 (Miguel -3-, Antón e Raúl) - SAN TIRSO SD INFANTIL 0
Categoría alevín
Torneo EF Lalín de fútbol 8, no Manuel Ánxo Cortizo (Lalín)
Xoves 12 de outubro
Primeira Fase
ALEVÍN A 2 (David Gómez e Martín López) - UD OURENSE 0
ALEVÍN A 1 (Álvaro Gómez) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1
CD LUGO 0 - ALEVÍN A 3 (David Gómez, Iván Gil e Rui Fernández)
EF LALÍN 0 - ALEVÍN A 6 (Hugo Luaces -2-, Álvaro Gómez -2- e Enzo Bértoa -2-)
Cuartos de final
ALEVÍN A 5 (Álvaro Gómez -3-, David Gómez e Brais Martínez) - ESCOLA ESTRADA FB 0
Semifinal
ALEVÍN A 2 (Nacho Villanueva e Sergio Fernández) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0
Final
ALEVÍN A 2 (Nacho Villanueva e Sergio Fernández) - RC CELTA 1
Amigable: FABRIL FC ALEVÍN 7 (Alejandro Astray -2-, Miguel Candal -3-, Íker Ferreiro e Hugo Álvarez) - SADA CF 1
Categoría benjamín
Torneo EF Lalín de fútbol 8, no Anexo ao Manuel Ánxo Cortizo (Lalín)
Xoves 12 de outubro
Primeira Fase
BENXAMÍN A 2 (Alberto Novo e Diego Castelo) - AJ LÉREZ 0
EF LALÍN 0 - BENXAMÍN A 7 (Mateo Songo'o -3-, Mateo Cardelle -2-, Diego Castelo e Adrián Liñares)
BENXAMÍN A 2 (Mateo Cardelle e Alberto Novo) - ED VAL MIÑOR 1
ED XUVENTUDE DE OROSO 0 - BENXAMÍN A 7 (Mateo Songo'o -3-, Diego Castelo -2-, Álex Casado e Adrián Liñares)
Cuartos de final
BENXAMÍN A 4 - BERTAMIRÁNS FC 1 (Mateo Songo'o -2-, Leo Lorenzo e Alberto Novo)
Semifinal
BENXAMÍN A 3 (Alberto Novo -2- e Leo Lorenzo) - FABRIL FC BENXAMÍN 0
Final
BENXAMÍN A 4 (Leo Lorenzo, Alberto Novo, Álex Casado e Diego Castelo) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 2
Torneo EF Lalín de fútbol 8, no Anexo ao Manuel Ánxo Cortizo (Lalín)
Xoves 12 de outubro
Primeira Fase
RC CELTA 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Martín Coronel -2-) - ESCOLA ESTRADA FB 1
BERTAMIRÁNS FC 1 (Nico Castro) - FABRIL FC BENXAMÍN 1
URAL ESPAÑOL CF 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Leo Galván e Martín Martelo)
Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Leo Galván -2-) - AJ LÉREZ 0
Semifinal
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - DEPORTIVO 3