RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA e calendario de mañá domingo, cos dous equipos xuvenís en acción

Nova fin de semana de competicion en ANOSACANTEIRA con epicentro no Estadio Nuevo Ganzábal de Langreo, onde venceu o Fabril por 0-3.

Os fabrilistas non perdoaron a un rival que quedou con 10 futbolistas aos 11 minutos de partido e, con 33 puntos, asómanse aos postos altos da clasificación.

Tamén hoxe, ademais do Fabril FC Alevín e os dous equipos benxamíns, xogaron en casa o Cadete (14-0) ante o Rápido de Bouzas, o San Tirso SD Cadete (1-2) fronte ao RC Celta e o Infantil (11-0) ante o CD Areosa.

Completou a xornada do sábado o bo triunfo (1-5) en Salceda de Caselas do San Tirso SD Infantil fronte ao Escola Fútbol DSF.

Quedan para mañá domingo 16 os partidos dos xuvenís: o A en Gijón ante o Sporting (16:00) e o B de Liga Nacional en Pontevedra ante o AJ Lérez (12:00).

Toca descanso esta fin de semana para o Alevín A no grupo 1º da Primera A Coruña de fútbol 8.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
23ª xornada: UP LANGREO 0 - FABRIL 3 (Carreira, Manu Ferreiro e Fabi)

Categoría xuvenil
División de Honra, 21ª xornada: SPORTING DE GIJÓN - XUVENIL A, mañá domingo 16 de febreiro ás 16:30 en Mareo

Liga Nacional, 21ª xornada: AJ LÉREZ - XUVENIL B, mañá domingo 16 de febreiro ás 12:00 no campo Manolo Barreiro (Pontevedra)

Categoría cadete
División de Honra, 20ª xornada: CADETE 14 (Gael -3-, Elías -6-, Ander -2-, Nico, Antón e un futbolista rival en propia meta) - RÁPIDO DE BOUZAS 0

Amigable (martes 11 de febreiro): SAN TIRSO SD CADETE 6 (Jurgen -2-, Pablo Vara, Yerobe, Iago Varela e José Quiroga) - VIVEIRO CF 0
División de Honra, 20ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Nico Giovanni) - RC CELTA 2

Categoría infantil
Amigable (mércores 12 de febreiro): INFANTIL 3 (Iago -2- e Jaime) - BERTAMIRÁNS FC 2
División de Honra, 18ª xornada: INFANTIL 11 (Hugo Caridad, Thiago Montes -3-, Íker Obeso -4-, Javi Barros, Javi Barral e Iago Álvarez) - CD AREOSA 0

División de Honra, 18ª xornada: ESCOLA FÚTBOL DSF 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 5 (Hugo Macedo, Carlos Crespo, David Gómez -2- e Nacho Villanueva)

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, 15ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 5 (Leo Lorenzo -2-, Enzo Fernández, Alberto Novo e Mateo Songo'o) - OZA JUVENIL SD 1

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, 15ª xornada: VICTORIA CF 0 - BENXAMÍN A 10 (Marco Dios -3-, Martín Martelo -2-, César Leira, Pablo Gómez, Pablo Couso, Martín Coronel e Leo Barro)
Primera A Coruña de fútbol 8, 15ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 9 (Tomás Sánchez -3-, Hugo Cancela -2-, Hugo Rey, Xosé Varela, Ian Lata e Manu López) - ORILLAMAR SD 0