O triunfo (3-0) do Infantil, líder da División de Honra, ante o CD Lugo, onte venres en Abegondo, abriu unha fin de semana cunha súper xornada mañá domingo na Cidade Deportiva.
O Fabril recibe ás 13:00 horas (Youtube RC Deportivo) ao Marino de Luanco, con ambos os equipos igualados a 22 puntos na clasificación de Segunda RFEF.
No cadro do filial, Quique Teijo e Álvaro Santamaría xogarán cedidos no que resta de temporada no Betanzos CF de Tercera Federación e CD Cayón de Segunda Federación respectivamente.
Así mesmo, Iñaki, que se adestraba estes días co filial, e o Club chegaron a un acordo para a saída do futbolista co obxecto de que así poida iniciar outro proxecto deportivo, para o que o Real Club Deportivo deséxalle moita sorte.
Para o partido, Óscar Gilsaz pode contar con Puerto e Iano Simão, que se adestraron toda a semana co primeiro equipo; non así con Rubén e Mella, citados para Abanca-Balaídos.
Pola tarde, ás 16:30, o Dépor ABANCA B mídese ao Umia CF co obxectivo de romper unha fochanca de resultados en Tercera Federación FutFem que provocou a caída á 3ª praza.
Están dispoñibles Carmen Carballada e Noela, que sentaron pola mañá no banco do Dépor ABANCA e non chegaron a saltar ao terreo de xogo fronte ao RCD Espanyol. Lucía Rivas, que xogou a última media hora co primeiro equipo, estará mañá co filial pero animando desde a bancada.
Completan a convocatoria de Óscar Orro as seguintes futbolistas: Nuria Gómez, Martina Rivas, María Calvo, Celia Sousa, Uxía López, Lucía Mariño, Sara Cercido, Laura Testa, Macarena González, Paula Monteagudo, Elena López 'Cusi' e Laura Otero; ademais de Noelia Mayo, Laura Santos, Ana Capelo e Ivana Fernández, xuvenís do Orzán SD.
Emma Gandoy, Laura Santos, Noelia Mayo, Ana Capelo, Lucía Rivas, Macarena González e Sara Cercido están convocadas coa selección galega sub-17 a un adestramento o martes 30 de xaneiro ás 17:00 no campo da Braña, en Rois.
Media hora despois, ás 17:00 (Youtube RC Deportivo), o Xuvenil A enfróntase ao RC Celta en #ONOSODERBI da zona alta da División de Honra.
Os de Manuel Pablo encaran o partido após a vitoria (3-1) en Copa del Rey ante a UD Las Palmas do pasado mércores en Abegondo. O seu seguinte rival en cuartos será o Real Mallorca, esta vez lonxe da Cidade Deportiva.
O Xuvenil A recupera a Amin Mustapha após o seu paso esta semana pola selección sub-20 de Marrocos con motivo de dous amigables ante Mauritania. O defensor deportivista, que chegou hoxe sábado, participou nos dous choques, un deles como titular.
Tanto para o partido do Fabril como do conxunto xuvenil, o Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.
A xestión pode realizarse até completar o aforamento. Está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade neste caso só para o Fabril, posto que para o Xuvenil Ao acceso é gratuíto. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
En casa tamén compiten o Orzán SD Xuvenil Femenino (18:00 na Torre ante o Escuela FB Amistade), o Orzán SD Infantil A Femenino (10:00 na Torre ante o Sporting Burgo) e Orzán SD Infantil B Femenino (12:00 na Torre ante o UC Cee).
A maiores, o Xuvenil B, líder da liga Nacional, visita ao Pontevedra CF (12:00); e o Orzán SD B sub-16 Femenino ao Atlético San Pedro (12:00 en Iñás).
As orzanistas Claudia Sande e Daniela Macedo están citadas coa selección galega sub-15 para un adestramento o mércores 31 ás 17:30 no campo da Braña, Rois.
Os infantís branquiazuis Lucas López, Eder Vilas, Daniel López, Nico, Raúl, Roi e Sergio Cortizo participaron coa selección galega sub-14 nun amigable o pasado mércores 24 de xaneiro no campo da Rapeira en Portas ante o Arosa SC; ao que se uniron Antón Vilariño e Hugo Ferreiros do San Tirso SD Infantil.
Hoxe sábado 27, ademais dos alevíns e do Benxamín A na Torre, xogaron en casa o Cadete ante o ED Val Miñor Nigrán (2-0) e San Tirso SD Infantil ante o CD Conxo Santiago (0-3).
Hugo Macedo, Nacho Villanueva, Iván Gil e Rui Caamaño, do Alevín A, están convocados pola selección galega sub-12 para un adestramento este luns 29 ás 16:30 no campo da Braña en Rois.
Os cadetes branquiazuis Rodrigo, Íker Fernández, Nico Ruiz e Miguel de Labra participaron coa selección galega sub-16 nun amigable o pasado mércores 24 no campo da Rapeira en Portas ante o Arosa SC de División de Honra xuvenil; choque ao que tamén acudiron Mauro, Samba e Gael do San Tirso SD Cadete.
Fóra de casa un San Tirso SD Cadete á alza venceu con claridade ao CD Areosa (0-3) e o Orzán SD Cadete Femenino ao SCD Órdenes (0-11)
Pecha a xornada o mércores 31 o partido do Fabril FC Benxamín en Cambre correspondente ao subgrupo 2º da Primera A Coruña de fútbol 8.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 17ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - UMIA CF, mañá domingo 28 de xaneiro ás 16:30 en Abegondo
Primera Autonómica, 17ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - ESCUELA FB AMISTADE, mañá domingo 28 de xaneiro ás 18:00 na Torre (campo 2)
Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 17ª xornada: ATLÉTICO SAN PEDRO - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO, mañá domingo 28 de xaneiro ás 12:00 en Iñás
Liga Galega, subgrupo 1º, 17ª xornada: SCD ÓRDENES 0 - ORZÁN SD CADETE FEMENINO 11 (Daniela Macedo, Sofía Rodríguez -2-, Valeria Montero, Claudia Sande, Naiara Fontela, Sofía Milhem -2-, Yanis Citoula, Marta Moreno e unha futbolista rival en propia meta
Liga Galega, subgrupo 1º, 17ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - SPORTING BURGO, mañá domingo 28 de xaneiro ás 10:00 na Torre (campo 2)
Liga Galega, subgrupo 1º, 17ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO - UC CEE, mañá domingo 28 de xaneiro ás 12:00 na Torre (campo 1)
Segunda Federación
20ª xornada: FABRIL - MARINO DE LUANCO, mañá domingo 28 de xaneiro ás 13:00 en Abegondo
Categoría xuvenil
División de Honra, 18ª xornada: XUVENIL A - RC CELTA, mañá domingo 28 de xaneiro ás 17:00 en Abegondo
Liga Nacional, 20ª xornada: PONTEVEDRA CF - XUVENIL B, mañá domingo 28 de xaneiro ás 12:00 no campo Manolo Barreiro 2 (Pontevedra)
Categoría cadete
División de Honra, 18ª xornada: CADETE 2 (Trillo e un futbolista rival en propia meta) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0
División de Honra, 18ª xornada: CD AREOSA 0 - SAN TIRSO SD CADETE 3 (Mauro -2- e Pablo Crespo)
Categoría infantil
División de Honra, 16ª xornada: INFANTIL 3 (Picallo, Raúl e Nico) - CD LUGO 0
División de Honra, 16ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - CD CONXO SANTIAGO 3
Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 12ª xornada: ALEVÍN A 7 (Hugo Macedo -2-, Nacho Villanueva -2-, Brais Martínez, David Gómez y Rui Caamaño) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 12ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 2 (Hugo Álvarez e Miguel Candal) - VICTORIA CF 1
Categoría benxamín
Primera A Coruña, subgrupo 1º, 12ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 1 - BENXAMÍN A 4 (Adrián Liñares, Diego Castelo, Yago Prieto e Mateo Songo'o)
Primera A Coruña, subgrupo 2º, 12ª xornada: SPORTING CAMBRE - FABRIL FC BENXAMÍN, o mércores 31 de xaneiro ás 18:30 no campo Dani Mallo (Cambre)
