#ANOSACANTEIRA está inmersa nunha nova fin de semana infestada de torneos amigables.
Na Golden Cup de Portugal, o San Tirso SD Infantil (na foto principal da noticia) pelexa mañá domingo (11:30) pola medalla de bronce; mentres que o Fabril FC Alevín finalizará ante o Feirense a súa participación na Fase de Consolación, após caer previamente na quenda de penaltis dos cuartos de final ante o FC Porto.
Así mesmo, no campo vigués de O Vao participan no Torneo Talleres Castiñeira o Fabril FC Benxamín, que hoxe sábado quedou apeado na quenda de penaltis dos cuartos de final co CD Lugo; e o Alevín A, que entra en xogo mañá domingo.
Finalmente, o Benxamín A representa ao Club na Copa Ribadumia - Clae Viaxes, competición que se desenvolve durante a fin de semana no complexo da Senra. Mañá domingo ás 09:30, o conxunto branquiazul conclúe ante o CD Navalcarnero a Primeira Fase.
O Trofeo Mini Teresa Herrera, cuxa final se xoga en ABANCA-RIAZOR antes do Trofeo Teresa Herrera, foi o protagonista tamén esta semana.
Os dous equipos benxamíns superaron o pasado mércores os oitavos de final, a partido único.
O Benxamín A, que acaba de gañar un dos torneos máis prestixiosos de Europa, a Sokolik Orlen Cup de Polonia, venceu en San Pedro de Visma aos Atlético Castros: 12-0.
Pola súa banda, o Fabril FC Benxamín, que o luns superou na eliminatoria previa ao Relámpago SD, dobregou (15-0) ao Silva SD na Grela.
Así pois, ambos os equipos pasan a cuartos de final, que se disputarán este luns 26 de xuño.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría infantil
Golden Cup, en Lisboa (Portugal)
Primeira Fase (horario local, unha hora máis en Galicia)
Xoves 22 de xuño
SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Raúl -2-, Iago Varela e Álex) - PARIS 13 ATLÉTICO 0
Venres 23 de xuño
SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Sergio Cortizo e Nikolay) - SENART MOISSY B 0
SAN TIRSO SD INFANTIL 5 (Sergio Cortizo -3-, Iago Varela e Jurgen Sobral) - SAN AUGUSTIN 0
Sábado 24 de xuño
Cuartos de final
SAN TIRSO SD INFANTIL 5 (Raúl -2-, Nico, Sergio Cortizo e Gabri) - CF SAN AGUSTIN 0
Semifinais
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - SL BENFICA 2
Domingo 25 de xuño
Terceiro e cuarto posto
11:30: SAN TIRSO SD INFANTIL - VITÓRIA SETÚBAL
Categoría alevín
XV Torneo Talleres Castiñeira, en O Vao (Vigo)
Domingo 25 de xuño
Primeira Fase
10:30: ALEVÍN A - EF DENIS SUÁREZ (campo 1)
12:30: ALEVÍN A - AROUSA SC (campo 2)
16:00: ED VAL MIÑOR - ALEVÍN A (campo 1)
O tres primeiros de grupo pasan á Fase Final, que arrinca ás 17:35
Golden Cup en Lisboa (Portugal)
Primeira Fase (horario local, unha hora máis en Galicia)
Xoves 22 de xuño
SPORTING CP 6 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Hugo Macedo -2- e David Gómez)
Venres 23 de xuño
FABRIL FC ALEVÍN 15 (Nacho Villanueva -7-, Álvaro Gómez -2-, David Gómez, Yoel Puñal, Hugo Macedo, Jorge Fernández, Hugo Luaces e Martín López) - AC PORTO SALVO 0
FABRIL FC ALEVÍN 7 (Hugo Macedo -2-, Martín López -2-, David Gómez, Álvaro Gómez e Iván Gil) - OS BELENENSES 0
Sábado 24 de xuño
Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Hugo Macedo e Álvaro Gómez) - FC PORTO 2. A penaltis: 2-3
Fase de Consolación
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Álvaro Gómez) - VITÓRIA SETÚBAL 2
Domingo 25 de xuño
11:00: FABRIL FC ALEVÍN - FEIRENSE
Categoría benxamín
Mini Teresa Herrera, oitavos de final (mércores 21): ATLÉTICO CASTROS 0 - BENXAMÍN A 12 (Alejandro Astray -4-, Mateo Carballeira -3-, Javi Meiriño, Hugo Quintela, Xiao Fontao, Bruno Abelenda e Miguel Candal)
III Copa Ribadumia - Clae Viaxes, na Senra (Ribadumia)
Primeira Fase
Sábado 24 de xuño
BENXAMÍN A 3 (Miguel Candal, Alejandro Astray e Hugo Bujía) - ALLER DEPORTIVO 0
BENXAMÍN A 1 (Mateo Carballeira) - CD GRUPO ANTOLÍN 1
BENXAMÍN A 6 (Hugo Bujía -2-, Thiago López -2-, Alejandro Astray e Nico Rodríguez) - CP CALASANCIO 0
BENXAMÍN A 1 (Alejandro Astray) - CD RIBERT 0
Domingo 25 de xuño
09:30: BENXAMÍN A - ATLÉTICO NAVALCARNERO (campo 2)
Os dous primeiros de grupo pasan á Fase Final mentres que o terceiro xoga unha Fase de Consolación, todo iso a continuación
Mini Teresa Herrera, eliminatoria previa (luns 19): FABRIL FC BENXAMÍN A 12 (Alberto Novo -3-, Mateo Cardelle -2-, Leo Lorenzo -2-, Yago Prieto -2-, Breogán Díaz, Mateo Songo'o e Diego Castelo) - RELÁMPAGO SD 0
Mini Teresa Herrera, oitavos de final (mércores 21): FABRIL FC BENXAMÍN 15 (Mateo Cardelle -3-, Alberto Novo -2-, Breogán Díaz -2-, Leo Lorenzo -2-, Diego Castelo -2-, Andrés Valencia, Álex Casado, Yago Prieto e Mateo Songo'o) - SILVA SD 0
XV Torneo Talleres Castiñeira, no campo de O Vao (Vigo)
Sábado 24 de xuño
Primeira Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Mateo Songo'o -3-) - RÁPIDO PEREIRÓ CF 0
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Alberto Novo e Mateo Songo'o) - ED XUVENTUDE OROSO 1
ED VAL MIÑOR 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Mateo Songo'o -2-)
Fase Final
Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Mateo Songo'o e Andrés Valencia) - CD LUGO 2. A penaltis: 2-3
