RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados onte sábado e calendario para este domingo, co Dépor ABANCA B en Asturias e o San Tirso SD Cadete en Portugal

Este domingo unicamente están previstos dous amigables en ANOSACANTEIRA.

O Deportivo ABANCA B estréase en pretemporada ante o Real Avilés CF, ascendido a Segunda Federación. O encontro será ás 18:00 na localidade asturiana de Barcia.

Óscar Orro citou ás seguintes xogadoras: Martina Rivas, Alejandra de Benito, Paula Novo, Elena Vázquez, Noelia Mayo, Uxía López, Sara Cercido, Paula Monteagudo, Carmen Carballada, Laura Ruiz, Paula Redruello, Marta Rico, Laura Otero, Lucía Rivas e Laura Santos; ademais de Yaiza García, Antía Brage, Iria Otero, Emma Gandoy, Ana Capelo, Yanis Citoula e Dunia Dahmouni (xuvenís do Orzán SD); e Antía Veiga e Daniela Macedo (cadetes do Orzán SD).

E en Portugal, o San Tirso SD Cadete (na foto inferior) pelexará ás 9:00 co FC Porto pola medalla de bronce do Torneo de Iniciados.

Onte sábado xogáronse outros 3 partidos.

Despois do triunfo ante o CD Estradense do pasado mércores en Abegondo (4-0), o Fabril venceu (0-3) ao Racing Villalbés na Magdalena. 

Até a data, os pupilos de Óscar Gilsanz tamén gañaron ao Silva SD (1-0) e ao Bergantiños CF (1-0) en Abegondo; e ao Atlético Arteixo en Ponte dos Brozos (0-3). A única derrota foi en Vilalba ante o CD Lugo de Primera Federación (3-0). 

Tamén onte sábado o Xuvenil A (na foto superior) caeu (2-1) en Guitiriz co Polvorín FC de Tercera RFEF e o Xuvenil B estreouse nesta pretemporada con vitoria (1-4) en Bertamiráns.

Para os de Manuel Pablo foi o segundo partido de pretemporada despois do empate (4-4) do pasado sábado ante o Dubra SD de Preferente Autonómica.

Finalmente, o Fabril FC Benxamín caeu co Victoria CF (1-3) en ABANCA-RIAZOR na final benxamín do Mini Teresa Herrera.

O calendario de amigables, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
REAL AVILÉS - DEPORTIVO ABANCA B, este domingo 11 de agosto ás 18:00 en Barcia (Valdés, Asturias)

Segunda Federación
Mércores 7 de agosto: FABRIL 4 (Guerrero -2-, Dani Estévez e Dylan)- CD ESTRADENSE 0
RACING VILLALBÉS 0 - FABRIL 3 (Javi, Noé e Nájera)

Categoría xuvenil
POLVORÍN FC (Tercera Federación) 2 - XUVENIL A 1 (Fafa)
BERTAMIRÁNS FC (Primera FutGal) 1 - XUVENIL B 4 (Lucas, Yago, Ander e Elías)

Categoría cadete
XVI Torneo Internacional Iniciados en Abrantes (Portugal)
Primeira Fase
Sábado 10 de agosto
SC BRAGA 2 - SAN TIRSO SD CADETE 3 (Sergio Cortizo -2- e Gandarela)
SAN TIRSO SD CADETE 0 - SPORTING CP 5

Domingo 11 de agosto
Partido polo terceiro e cuarto posto
9:00: SAN TIRSO SD CADETE - FC PORTO

Categoría benxamín
Mini Trofeo Teresa Herrera, final: FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Joel Losada) - VICTORIA CF 3