La Voz de Galicia
"O Depor empeza a facer caixa coa venda de Pirri. As Palmas quere comprar ao deportivista e preguntará ademais pola situación de Schürrer, Emerson e Jaime" di o diario, que asegura que o Lille francés insiste en contratar a Bassir mentres o Deportivo desmente unha oferta a Pinto. Recolle o diario tamén a posibilidade de que Dani Mallo sexa cedido a un club dunha categoría superior ao Deportivo B.
A Voz tamén recolle que Bebeto foi despedido do Kashima xaponés. Outro titular é "Lendoiro logra 180 millóns para a cidade deportiva. O club xa asinou acordos con nove empresas" di o diario que asegura que cada unha pagará uns 20 millóns de pesetas ao club para anunciarse en cada un dos campos de adestramento da cidade deportiva. Os eloxios de Guardiola a Fran e a posibilidade de que o Deportivo xogue en pretemporada ante o Viveiro así como o posible cambio de patrocinador do equipamento branquiazul que segundo A Voz podería ser Sega son as outras novidades da xornada.
Deporte Campión
Di este diario que "Álex ten as maletas preparadas. Persoas próximas ao xogador aseguran que lle ilusiona a posibilidade de xogar no campión de Liga" e asegura este rotativo que Parmalat, que posúe os dereitos do xogador, está aberto a negociacións e que o xogador levou ao Palmeiras á final dos Liberadores. O xogador é habitual da súa selección. O interese das Palmas por Pirri, os desexos de José Manuel de falar con Augusto César Lendoiro, a predisposición de Manel a escoitar ofertas doutros equipos de Primeira para non pasar outra tempada sen oportunidades, a constitución de novas penas deportivistas, o adeus de Bebeto a Xapón, as reportaxes especiais que se dedican na Televisión de Marrocos ao Deportivo e os plans dos Riazor Blues para organizar o próximo congreso de penas son as novidades branquiazuis do día.
Marca
"O Depor pregunta por Pinto" di o diario, que asegura que o club herculino interésase pola fichaxe do xogador do Celta. Asimisma afirma o diario que o alto prezo afasta a Solari do Deportivo mentres As Palmas lánzase a por Capdevila. Engade o diario que a próxima semana presentarase na Coruña a nova camiseta do Deportivo con novo patrocinador. Marca tamén fala dos extracomunitarios do Deportivo, o club ten oito e a próxima tempada só poderá haber cinco: Abreu, Renaldo, Bassir, Naybet, Kouba, Djalminha, Flavio e Jokanovic son os xogadores sen pasaporte europeo.
O Ideal Galego
"A multinacional xaponesa Sega, nova patrocinadora do Deportivo. A próxima semana farase a presentación oficial" titula o diario, que asegura que todo o equipamento branquiazul lucirá o logotivo da empresa de videoxogos. Tamén fala o Ideal da marcha de Bebeto do fútbol xaponés e do novo deseño que Adidas presentará para a liga de Campións.
_________
Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com
__________
NOTA: A elaboración dun resumo de prensa por parte da redacción de canaldeportivo.com non implica que o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. estea de acordo ou en desacordo coas noticias que nel aparecen, e non é o responsable dos contidos e opinións que se inclúan nas páxinas que o compoñen.
