RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br> O Deportivo recupera o liderado

A prensa do luns recolle a vitoria branquiazul en Riazor ante o Oviedo con dispares titulares. A recuperación do liderado, perdido tan só durante unhas poucas, as homenaxes a Aragonés, que cumpría os 1.000 partidos en Primeira e as celebracións branquiazu

La Voz de Galicia

"Presión?" é o indicativo titular que abre a sección deportiva deste diario que xa en portada destaca "O Deportivo gañou coa cabeza". O Deportivo supera a presión e desarbola a un pésimo Oviedo é o titular no interior, onde destacan que Makaay, en dúas ocasións, e Donato rubricaron de cabeza o triunfo local. O xornal destaca que o Deportivo tivo un baixón de xogo notable en vinte minutos da segunda parte. O diario destaca a actuación de Makaay e Donato e di que o Primeiro tempo foi de Calidade. O adestramento desta mañá en Riazor e as palabras de Irureta "Vencer en Sevilla sería importantísimo" e Donato exhibe a súa renovación, onde di "festexou a súa continuidade cun gran partido e un gol" e engade "empezou xogando de central pero terminou como pivote".

A Voz di que "O árbitro volveu ter un día aciago en Riazor" en relación á actuación do colexiado Fernández Marín.

Deporte Campión

"Quen é o líder?" e engade "Tres cabezas máis preto da liga" destacando que os goles de Makaay e Donato foron croques e que xa queda unha xornada menos. Para o DXT o mellor foi Donato. Das palabras de Irureta descata "Se gañamos ante o Sevilla daremos un paso importante" mentres de Aragonés recollen "Dá rabia perder facendo ocasións e xogando mellor".

O agradecemento de Donato á afección polo seu apoio e as súas declaracións "O meu gol chegou en bo momento porque logo controlamos" e destacan o apoio da afección ao equipo nos partidos de casa.

Tamén recolle o Campión a indignación de Lendoiro polos erros arbitrais e din que o presidente branquiazul denuncia unha campaña para que o Barcelona gañe a liga.

"Romeu sofre unha distensión de xeonllo" tras o choque cun rival e a presenza en Riazor de José Manuel, Chagui e Manjarín para ver o encontro.

O Ideal Galego

Destaca O Ideal "O liderado continúa na Coruña", noticia esta que ocupa gran parte da portada do diario. Para este diario, Makaay foi o mellor do encontro e recollen as opinións do holandés acerca da fortaleza do Deportivo cando xoga en Riazor.

"Lendoiro reclama limpeza na liga" onde di o diario que o presidente branquiazul considera que os árbitros favorecen aos clubs máis poderosos.