RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br>O Mallorca, a Selección e Bebeto

Aínda hai novidades sobre os dous días de visita de Bebeto á cidade herculina e o reencontro cos ex compañeiros. A selección española e o partido do sábado en Mallorca completan a actualidade da xornada.

La Voz de Galicia
Turu descártase e Tristán volve a casa ante o Mallorca, di A Voz, que engade que Irureta adestrou cun grupo mermado por oito ausencias. A dobre sesión de traballo de hoxe, a recuperación de Ibagaza e Etoo no Mallorca e a reunión que o diario fixo con Arsenio, Mauro, Donato e Bebeto antes de que o último regresase a Brasil completan a actualidade do día.

Deporte Campión
Irureta dirá Si, di o Campión, que asegura que a renovación do técnico está practicamente pechada, o dez razoes do técnico para renovar, os posibles cambios na aliñación do sábado, o plan de traballo para hoxe, a situación de Fernando no equipo, a boa serie do equipo en Riazor, os recordos de Armando da súa etapa na Coruña e as súas ganas de que o Depor gañe outra Liga, os días que faltan para o sorteo dos grupos do Mundial na Coruña e os datos da visita de Bebeto á cidade así como a homenaxe ao Club en Nova York que terá lugar este fin de semana completan as novidades do día.

Marca
Di Marca que o Depor verá o Madrid- Barça no aeroporto de Mallorca antes de coller un voo chárter de regreso á Coruña. As impresións de fernando, que cre que parece mentira que Robinson fose xogador, as dúbidas sobre o estado de Molina, o regreso de Naybet e Bassir coa selección e o adestramento de hoxe a dobre sesión son o resto das novidades.