Os diarios fan conxecturas sobre o posible equipo titular que o Deportivo sacará ante o Vilarreal motivado polas baixas no equipo.
La Voz de Galicia O Depor xogará o sábado cun centro do campo inédito, di o diario, que engade que Duscher ten opcións de xogar contra o Vilarreal. A situación dos internacionais, a baixa segura de Mauro e Donato ou o posible adianto das negociacións sobre a renovación a Irureta completan as noticias dun día no que a vitoria da selección sobre Francia acapara os titulares.
Deporte Campión Inesperado, di o Campión, que asegura que Javier Irureta se atopou ao regreso das vacacións con catro futbolistas tocados e seis ausencias. A preocupación polo exceso de partidos, as baixas, o colexiado do partido, a homenaxe de Boiro aos irmáns Scaloni, o mellor estado do céspede, as ganas de Scaloni de enfrontarse a Palermo, o optimismo dos de Víctor Muñoz ou a actuación dos deportivistas coas seleccións son o resto das noticias da xornada.
Marca Lendoiro mete présa a Irureta, di Marca, que aegura que quere unha resposta canto antes para planificar a próxima tempada. Un recambio para Manuel Pablo, a mellora do céspede, a posibilidade de asegurar a Champions con 18 puntos en casa ou o posible dúo Valerón -Emerson no once do sábado motivado polas baixas son as outras noticias do día...