RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br>Turquía

A viaxe a Istambul, a última sesión de adestramento no que será escenario do partido desta noite, a expectación creada e todos os detalles sobre o rival completan a actualidade do día.

La Voz de Galicia
Di A Voz que a afección do Galatasaray encherá o estadio ao tres da tarde de hoxe, seis horas antes do encontro, un costume turco. Ademais di que César e Naybet perfílanse como parella titular e que Djalma e Tristán serán os antídotos á presión. A expectación creada en torno ao Deportivo, a necesidade do conxunto herculino de puntuar para non depender doutros, as palabras do técnico turco, que asegura conformarse co empate xa que na súa opinión o Depor é o rival máis duro do grupo, completan as novidades da xornada en relación ao Deportivo.

Deporte Campión
Di o Campión que o inferno turco recibe a un gran Depor, a comparativa dos persoais de ambos os conxuntos, as cábalas de Irureta, que quere puntuar ou o convencemento de Lucescu de que o Galatasaray será quen gañe, o mal tempo e frío en Istambul, a sesión de traballo verpertino, os detalles do desprazamento, a preocupación de Taffarel por Djalminha así como o bo ambiente e ánimos dos xogadores deportivistas son as outras novidades do día.

Marca
O Galatasaray confórmase co empate, di Marca, que asegura que o Deportivo é o único equipo en Champions que aínda non perdeu fóra do seu estadio. O ambiente do estadio turco, a titularidade de Tristán, o obxectivo deportivista de romper a presión ou as palabras de Lucescu que ve ao Depor como o máis forte do grupo, os outros infernos nos que xogou o Deportivo e a demora na firma do acordo polas curmás da Champions así como a venda de todas as entradas para o partido co Madrid completan as noticias relacionadas cos deportivistas.

Libredirecto
Este portal di que o Deportivo chega ao inferno turco e fala con Romeu, que afirma que os gregos á beira dos turcos son angelitos.