RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Richard Barral e David Sánchez-Marín incorpóranse á Secretaría Técnica do Deportivo

O Consello de Administración do Real Club Deportivo reforza o área deportiva para crear unha Secretaría Técnica acorde ás esixencias do fútbol profesional e para iso incorpora a este departamento aos adestradores coru&nt


Richard Barral, técnico superior en fútbol, convértese no novo Director de planificación deportiva, cargo complementario ao de Secretario Técnico que exerce Ernesto Belo. Barral vén de cumprir a súa terceira tempada consecutiva facendo o 'scouting' do Udinese italiano. Anteriormente foi segundo adestrador con Marcos Alonso no Valladolid, Málaga e Granada. Na súa anterior etapa no Dépor traballara como adestrador do Xuvenil A de División de Honra e como membro da Secretaría Técnica, con Richard Moar á fronte.

 

David Sánchez-Marín, licenciado en INEF e técnico de nivel 2 en fútbol, incorpórase tamén á Secretaría Técnica do Club tras exercer o tres últimas tempadas como segundo adestrador do Fabril: a primeira campaña con Perico Ramallo e as dúas últimas con José Luís Devesa. Anteriormente adestrou ao Alevín A (tres tempadas), Infantil A (tres tempadas), Cadete A (dúas tempadas) e Xuvenil B (dúas tempadas). En total suma 13 campañas nas categorías inferiores do Club.