Rubén, o afeccionado máis novo do Dépor con apenas oito días de vida, primeiro socio do ano 2009
Rubén Rodríguez Ares, nacido o pasado 31 de decembro na Coruña, converteuse no afeccionado más novo do Dépor e o primeiro socio do añou 2009. O mozo Rubén, socio 22.378 do Club, é unha das case 2.500 altas
Como cada ano por estas datas, o Real Club Deportivo lanza unha campaña para que o público que o desexe poida abonarse a prezos reducidos. Estes abonos pódense adquirir desde o 4 de decembro e con este carné pódense presenciar en Riazor todos os partidos que restan para acabar a liga (incluídas as visitas á Coruña do Barcelona, Valencia, Sevilla, Atlético de Madrid e Vilarreal), a Copa do Rei (co primeiro incluído xa de oitavos de final ante o Sevilla) e os da Copa da UEFA (o Nancy xa este mércores 17 de decembro).
NOVAS ALTAS: As novas altas de socios pagasen 30 € en concepto de inscrición, excepción feita de localidades de infantil, junior, xubilados e parados, ou que sexa accionista do R.C. Deportivo da Coruña, S.A.D. As novas inscricións de socios deben subscribir dúas accións, para garantir a súa numero de asento no futuro. Se non queren subscribilas poden non facelo pero, en tempadas posteriores, podrian perder o seu número de asento salvo que se trate de localidades de parados, xubilados, infantís ou junior. As novas altas e socios de parados ou xubilados situaranse só en preferencia inferior Xubilados: Deberán acreditar ter, polo menos 65 anos de idade. A renovación de carnés de Socio de Ouro así como os carnés de Xubilado deberán retiralos os propios interesados ou no seu caso outra persoa cunha "Fe de Vida" No noso afán de chegar a todos os afeccionados, deseñamos un esquema de abonos e prezos que permite que calquera seguidor poida facerse abonado do Club, desta forma esperamos que a cuestión económica non sexa para ninguén un impedimento para a asistencia ao fútbol.
Os carnés estarán a disposición dos afeccionados nas Oficinas de Atención ao Socio e Accionista da zona dos Palcos VIP de Riazor - Avd. da Habana (na bancada de Preferencia), á que se accede entre as portas 15 e 16 do Estadio.
O horario da Oficina de Atención ao Socio é de Luns a Venres de 10:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:30 horas.
Os prezos son os seguintes:
PREZOS DOS ABONOS 2ª VOLTA TEMPADA 2008/2009
TRIBUNA SUPERIOR
TRIBUNA INFERIOR
TRIBUNA DIANTEIRA
PREFERENCIA SUPERIOR
PREFERENCIA INFERIOR
PREFERENCIA INFERIOR LATERAL
FONDO PABELLON SUPERIOR
FONDO PABELLON INFERIOR
FONDO MARATHON SUPERIOR
FONDO MARATHON INFERIOR
XUBILADOS
(MARATHÓN SUPERIOR)
(Admisión Pechada)
XUBILADOS
(PREF. INFERIOR)
PARADOS (PREF.INFERIOR)
JUNIOR (PABELLON INFERIOR)
SOCIO AMIGO
Parados: Deberan acreditar o seu situacion de paro co cartón actualizado do INEM.
Junior: Só poderán ocupar a bancada de Pavillón Inferior.
Socio Amigo: Terá dereito a asistir a un partido de Liga, que elixirá durante a tempada 2008/2009, á bancada de fondo de Pavillón Superior adquirindo o número de socio que conservará mentres permaneza de alta no R.C. Deportivo. Esta modalidade está dirixida a persoas que residen no estranxeiro, nenos recien nados, etc. O partido será seleccionado na semana que se poñan á venda as entradas e sempre suxeito á dispoñibilidade das mesmas, quedando excluídos, o Real Madrid e o Barcelona.
