RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Samu proclámase coa selección española sub-19 campión da SBS International Cup de Xapón

-Foto:@rfef.es

 

Samuel Fernández Leonardo 'Samu' (na foto de pé o primeiro futbolista de vermello empezando pola dereita) estivo concentrado coa selección española sub-19 con motivo da SBS International Cup de Xapón.

Este domingo 21 de decembro, o canteirán do Dépor pon o punto e final á súa participación neste trofeo co seu partido ante a selección de Shizuoka.

Titular no once español, proclamouse campión a pesar do empate sen goles (0-0) e vitoria posterior na quenda de penaltis por 2-4.

O central deportivista seguiu desde o banco o segundo partido do combinado nacional ante a anfitrioa Xapón.

Si foi titular Samu no primeiro encontro ante Australia.

Xogou tamén completo un partido moi serio que supuxo o seu debut internacional e que ademais acabou en claro triunfo de España por 3-0.

Os resultados de España sub-19 neste torneo foron os seguintes:

Xoves 18 de decembro
ESPAÑA 3 - AUSTRALIA 0

Sábado 20 de decembro
XAPÓN 2 - ESPAÑA 4

Domingo 21 de decembro
SELECCIÓN SHIZUOKA 0 - ESPAÑA 0. Por penaltis: 2-4

Samu debutou co Deportivo en partido oficial o pasado xoves 4 de decembro na Nova Creu Alta ante a CE Sabadell FC.

O defensor naronés adéstrase diariamente ás ordes de Antonio Hidalgo e leva 8 partidos xogados co Fabril de Segunda Federación, todos eles de titular.

Samu únese así a outros futbolistas de ANOSACANTEIRA convocados tamén por este combinado nacional, como Mella, Kevin Sánchez ou Dani Barcia.