RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Saúl García, cedido ao Xirona FC

  O Real Club Deportivo e o Xirona FC chegaron hoxe a un acordo para a cesión do lateral cántabro do Dépor Saúl García ata final de tempada ao conxunto catalán.

Saúl García Cabrero (Vioño De Piélagos, 9 de novembro de 1994) xogou a pasada tempada cedido no Club Deportivo Tenerife. O Real Club Deportivo quere desexarlle unha boa tempada no seu novo destino profesional.