Lionel Scaloni participou nun chat en directo cos afeccionados deportivistas que lle formularon gran cantidade de preguntas. O xogador comezou a responder as mensaxes deixadas polos afeccionados nos foros pasadas as 21:30, hora española, do mércores e a c
Scaloni conversou con afeccionados de toda España, pero tamén con seguidores doutros países, fundamentalmente de Arxentina e México.
Facendo gala do seu habitual bo humor o xogador chanceou cos afeccionados respondendo a todas as súas preguntas acerca do seu presente na Coruña, o seu pasado en Arxentina e o seu futuro. Durante o tempo do chat, os afeccionados puideron ver fotos do xogador respondendo as súas preguntas.
Leo admitiu ser un fan de Internet e que se pasaba varias horas ao día navegando, sobre todo conversando coa súa familia en Arxentina.