RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Se es socio do Depor, lévache unha entrada gratis para o Teresa Herrera

O Club regalará (ata esgotarse) a cada socio unha entrada para o Trofeo Teresa Herrera, cuxa 65 edición dispútana este martes 3 de agosto o Deportivo e o Newcastle, ás 21.00 horas en Riazor.

Mañá luns 2 de agosto abre a Oficina de Atención ao Socio e Accionista (entrada dos Palcos VIP na bancada de Preferencia do Estadio de Riazor) no seu horario habitual, de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.30 horas.

Os prezos das entradas de público son os seguintes:

Tribuna Superior, Tribuna Inferior e Tribuna Dianteira, 50 euros (25 euros a entrada infantil, que é ata os 14 anos).

Preferencia Superior: 45 euros (22 euros a entrada infantil).

Preferencia Superior Lateral (só para afeccionados do Newcastle): 40 euros.

Preferencia Inferior e Preferencia Inferior Lateral: 25 euros (13 euros a entrada infantil).

Maratón Superior: 35 euros (17 euros a entrada infantil).

Maratón Inferior: 25 euros (13 euros a entrada infantil).

Pavillón Superior: 30 euros (15 euros a entrada infantil).

Júnior (ata 20 anos): 13 euros, en Preferencia Inferior.

Como é habitual, os socios do Deportivo non terán que pasar por despacho de billetes, tanto no Trofeo Teresa Herrera como no resto de partidos amigables, de Liga e Copa do Rei que o Dépor dispute en Riazor durante toda a tempada 2010-11.

Os prezos dos carnés anuais son os seguintes:

PREZOS DOS ABONOS TEMPADA 2010/2011
DESDE O 1 DE XULLO
 
ADULTO
INFANTIL
MENSUAL
ADULTO
MENSUAL
INFANTIL
TRIBUNA SUPERIOR
668,50 €
315,50 €
60,00 €
27,50 €
TRIBUNA INFERIOR
613,00 €
302,00 €
55,50 €
26,00 €
TRIBUNA DIANTEIRA
571,50 €
269,00 €
51,50 €
24,00 €
PREFERENCIA SUPERIOR
565,00 €
265,00 €
49,50€
27,50 €
PREFERENCIA INFERIOR
282,00 €
138,50 €
25,00 €
13,50 €
PREFERENCIA INFERIOR LATERAL
236,00 €
 
21,00 €
 
FONDO PABELLON SUPERIOR
282,00 €
138,50 €
25,00 €
13,50 €
FONDO PABELLON INFERIOR
198,50 €
 
19,00 €
 
FONDO MARATHON SUPERIOR
409,00 €
178,00 €
37,00 €
17,00 €
FONDO MARATHON INFERIOR
236,00 €
 
21,00 €
 
XUBILADOS
(MARATHÓN SUPERIOR)
(Admisión Pechada)
241,00 €
 
 
 
XUBILADOS
(PREF. INFERIOR)
194,00 €
 
MAIORES DE 65 ANOS
PARADOS (PREF.INFERIOR)
150,00 €
 
 
 
JUNIOR (PREF. INFERIOR)
 
95,50 €
 ATA 20 ANOS
SOCIO AMIGO
50,50 €
 
 
 

 

 

 

NOVAS ALTAS: As novas altas de socios pagasen 30 € en concepto de inscrición, excepción feita de localidades de infantil, junior, xubilados e parados, ou que sexa accionista do R.C. Deportivo da Coruña, S.A.D. As novas inscricións de socios deben subscribir dúas accións, para garantir a súa numero de asento no futuro. Se non queren subscribilas poden non facelo pero, en tempadas posteriores, podrian perder o seu número de asento salvo que se trate de localidades de parados, xubilados, infantís ou junior.

As novas altas e socios de parados ou xubilados situaranse só en preferencia inferior

Xubilados: Deberán acreditar ter, polo menos 65 anos de idade.

Parados: Deberan acreditar o seu situacion de paro co cartón actualizado do INEM.

Junior: Só poderán ocupar a bancada de Preferencia Inferior.

Socio Amigo: Terá dereito a asistir a un partido de Liga, que elixirá durante a tempada 2010/2011, á bancada de fondo de Pavillón Superior adquirindo o número de socio que conservará mentres permaneza de alta no R.C. Deportivo. Esta modalidade está dirixida a persoas que residen no estranxeiro, nenos recien nados, etc. O partido será seleccionado na semana que se poñan á venda as entradas e sempre suxeito á dispoñibilidade das mesmas, quedando excluídos, o Real Madrid e o F.C. Barcelona.

A renovación de carnés de Socio de Ouro así como os carnés de Xubilado deberán retiralos os propios interesados ou no seu caso outra persoa cunha "Fe de Vida"

Os cambios de asento dentro da mesma bancada realizaranse ao finalizar o prazo de retirada de abonos entre Novembro e Decembro de 2010.

No noso afán de chegar a todos os afeccionados, deseñamos un esquema de abonos e prezos que permite que calquera seguidor poida facerse abonado do Club, desta forma esperamos que a cuestión económica non sexa para ninguén un impedimento para a asistencia ao fútbol.

Ademais, ante o gran éxito das últimos campañas, mantemos os abonos para xubilados, para parados e para persoas que sinxelamente desexen facerse amigos do club.