RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Seguen as xestións para conseguir reforzos

Cada día que pasamos en Buenos Aires son máis as persoas que acoden a saudarnos. Hoxe estivo o secretario xeral da AFA que é ademais pai do Delegado nacional de Deportes da Arxentina. Tamén tivemos oportunidade de charlar con Anxo Zubieta.

...Xestións con máis xogadores

Os dirixentes coruñeses continúan as súas xestións para tratar de obter algún elemento de recoñecida valía para reforzar o equipo en Segunda.

Do tres probados ante o River, que conforme anticipeilles, non me gustaron nada, unicamente o uruguaio Facal desprazarase co Deportivo a Córdoba para xogar contra os Talleres. É posible que o River preste algún xogador ao conxunto coruñés para afrontar os seus próximos compromisos en terras americanas, mesmo con vistas a unha posible operación futura de cesión ou venda...