RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Segunda cita para Kevin Sánchez coa selección española sub-19, mañá sábado ante Chipre

O canteirán Kevin Sánchez está concentrado en Georgia coa selección española sub-19 con motivo dun mini torneo de clasificación para o Campionato de Europa.

A segunda cita para o combinado nacional será mañá sábado 18 de novembro ás 17:00 (14:00 en Galicia) fronte a Chipre.

O primeiro rival dos españois foi Moldavia o pasado mércores 15 de novembro no Mikheil Meskhi 1 Stadium de Tbilisi.

O atacante fabrilista foi titular e anotou un do cinco goles do seu equipo, concretamente no minuto 75. Pouco despois, no 79, foi relevado por Olabarrieta.

O calendario de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 15 de novembro
ESPAÑA 5 - MOLDAVIA 0

Sábado 18 de novembro
17:00 (hora local, 14:00 en Galicia): ESPAÑA - CHIPRE, no Mikheil Meskhi 1 Stadium

Martes 21 de novembro
15:00 (hora local, 12:00 en Galicia): GEORGIA - ESPAÑA, no Mikheil Meskhi 2 Stadium

O mércores 22, o combinado nacional emprenderá o seu regreso a España.

Kevin Sánchez, que este verán renovou até 2028, é un xogador de categoría xuvenil que forma parte do cadro do Fabril en Segunda Federación, onde xa marcou 1 gol.

Debido a esta convocatoria, será baixa para o partido de liga do Fabril en Langreo tamén mañá sábado ás 18:00.