RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Segunda vitoria do Alevín A en a Fase polo Título de Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8

O Alevín A logrou ante o Ural Español CF (2-3) a súa segunda vitoria na Fase polo Título de Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8.

Nico Torres -2- e Íker Obeso foron os autores dos goles branquiazuis neste rifado partido correspondente á 2ª xornada.

Con este marcador, e cos 3 puntos que arrastra da primeira fase, o Alevín A suma 9 puntos á fronte da táboa.

Alevín A: Alejandro Pais, Mateo Varela Antón Vilariño, Nico Torres, Leo Sánchez, Thiago Montes, Íker Obeso e Hugo Caridad. Tamén xogaron: Brais Taín, Manu Alcázar, David Ramos, Javi Barral, Daniel Alonso e Yael López.

Ademais o pasado mércores, 3 dos futbolistas (Antón Vilariño, Iker Obeso e Thiago Montes) do equipo que prepara Alberto Suárez participaron nun amigable coa selección galega sub-12 no campo Manolo Barreiro de Pontevedra ante o EF Portero 2000.

Este choque serviu de preparación para o Campionato de España de seleccións autonómicas que terá lugar o próximo 29, 30 e 1 de maio en Madrid.

O próximo rival do Alevín A en esta competición será o Atlético San Pedro.

Os resultados do Alevín A son os seguintes:

Alevín A 3 (Javi Barral, Nico Torres e Thiago Montes) - Fabril FC Alevín 1
Ural Español CF 2 - Alevín A 3 (Nico Torres -2- e Íker Obeso)