Segunda vitoria do Alevín no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 á conta do UC Cee
O Alevín sumou ante o UC Cee (0-8) a súa segunda vitoria no grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.
Sergio Fernández -2-, Martín López -2-, Hugo Macedo, Jorge Fernández, David Gómez e Rui Caamaño foron os goleadores branquiazuis.
Con este resultado, o conxunto de Alberto Suárez suma 6 puntos de 6 posibles.
Alevín: Roque Martínez, Brais Martínez, Yoel Puñal, Hugo Macedo, Enzo Bértoa, Jorge Fernández, Rui Caamaño, Sergio Fernández, Hugo Luaces, Martín López e David Gómez. Tamén xogaron: Felipe Varela, Iván Gil e Álvaro Gómez.
O vindeiro domingo 10 de marzo ás 10:30, o Alevín recibe en Abegondo a Racing de Ferrol.
Os resultados do Alevín no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 son os seguintes:
Alevín 5 (Martín López -2-, Álvaro Gómez -2- e Nacho Villanueva) - Atlético Coruña Montañeros CF 0 UC Cee 0 - Alevín 8 (Sergio Fernández -2-, Martín López -2-, Hugo Macedo, Jorge Fernández, David Gómez e Rui Caamaño)