RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Alevín mídese mañá martes ao Galicia Caranza na 3ª xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11

ALEVÍN A · 17 MARZO 2025

O ALEVÍN MÍDESE MAÑÁ MARTES AO GALICIA CARANZA NA 3ª XORNADA DO TROFEO CONSERVAS CALVO DE FÚTBOL 11

Debido á súa participación esta pasada fin de semana na Portimão International Cup, o Alevín A disputará mañá martes 18 de marzo ás 17:15 no Municipal de Caranza ante o Galicia Caranza o seu partido correspondente á 3ª xornada o Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.Até a data, os branquiazuis levan un triunfo ante o Xallas FC (0-10) e un empate en Abegondo fronte a CD Lugo (1-1).O Alevín A tamén acaba de concluír en primeira posición o grupo 1º da Primera A Coruña de fútbol 8.