RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Segunda vitoria do Benxamín B no Trofeo AFAC

O Benxamín B, que esta semana Santa foi terceiro clasificado do Torneo Luís Alonso Arrogante en Illescas (Toledo), logrou o seu segundo triunfo no seu segundo partido do Trofeo AFAC, que arrincou o pasado 8 de abril. Esta Primeira Fase será baixo o formato de liga a unha soa volta. Os dous primeiros equipos clasifícanse para a seguinte fase.

Os deportivistas superaron con claridade ao Victoria C (0-9), con tantos de Diego -3-, Anxo -2-, Xabi, Nico e Eder -2-.

Benxamín B: Isma, Íker, Guille, David, Nico, Diego e Raúl. Tamén xogaron: Anxo, Pablo, Xabi e Iago.

O Ural B será o próximo rival do Benxamín B nesta competición.

Os resultados ata a data son os seguintes:

Benxamín B 8 (Iago -2-, Diego -2-, Éder -2-, Nico e Raúl) - Calasanz C 2
Victoria C 0 - Benxamín B 9 (Diego -3-, Anxo -2-, Xabi, Nico e Eder -2-)