RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ORZÁN SD

Segundo partido consecutivo suspendido ao Orzán SD Cadete Femenino polas inclemencias meteorolóxicas

Se o pasado mércores 1 de novembro o temporal obrigou a aprazar o partido entre o Orzán SD Cadete Femenino e a SCD Pastoriza, correspondente á 7ª xornada no subgrupo 1º da Liga Galega, hoxe sábado de novo as inclemencias meteorolóxicas obrigaron a suspender o choque das orzanistas no campo Leonardo Maceiras nos Regos (Oleiros) fronte ao Santa Cruz CF, este da 8ª xornada.

Será agora a Federación a que fixe unha nova data para a disputa de ambos os partidos.

O conxunto de Sergio Lema suma 18 puntos coliderando o subgrupo cos mesmos puntos que o Victoria CF.

A próxima cita para o Orzán SD Cadete Femenino será o sábado 11 ou domingo 12 de novembro ante o UD Cerqueda.

Os resultados até a data do Orzán SD Cadete Femenino son os seguintes:

Sporting Cambre 0 - Orzán SD Cadete Femenino 11 (Sofía Milhem -3-, Claudia Sande, Alexia Freire, Sofía Rodríguez -2-, Marta Moreno -2-, Yanis Citoula e Lucía González)
Orzán SD Cadete Femenino 13 (Daniela Macedo -2-, Sofía Rodríguez -2-, Marta Moreno -3-, Candela Fernández, Alexia Freire, Yanis Citoula -2- e Lucía González -2-) - SDC Órdenes 0
SCD Milagrosa 0 - Orzán SD Cadete Femenino 13 (Valentina Millón, Candela Fernández -2-, Sofía Milhem -2-, Daniela Macedo -4-, Valeria Montero, Alexia Freire e Sofía Rodríguez -2-)
Orzán SD Cadete Femenino 5 (Sofía Milhem -2-, Candela González e Sofía Rodríguez -2-) - Victoria CF 0
Orzán SD Cadete Femenino 6 (Sofía Rodríguez -2-, Candela Fernández -2-, Lucía González e Candela González) - SD O Val 0
Escuela FB Amistade 0 - Orzán SD Cadete Femenino 5 (Sofía Rodríguez, Daniela Macedo -3- e Claudia Sande)
Orzán SD Cadete Femenino - SCD Pastoriza, suspendido
Santa Cruz CF - Orzán SD Cadete Femenino, suspendido