RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Segundo triunfo de Patrícia Hmírová e Eslovaquia na Nations League, esta vez ante Moldavia

-Foto:@https://futbalsfz.sk/

 

Patrícia Hmírová e a súa selección, Eslovaquia, medíronse a Illas Feroe e Moldavia en encontros correspondentes á Nations League 2025.

A segunda cita para as eslovacas foi ante as moldavas hoxe martes no Stadium of Anton Malatinský en Trnava.

Venceu Eslovaquia (1-0) cun gol no minuto 85 e con Patrícia Hmírová no once inicial. A deportivista foi substituída no minuto 65.

O primeiro dos rivais das eslovacas foi o pasado venres Illas Feroe, tamén na cidade de Trnava.

Venceu o combinado eslovaco (3-0) con gol incluído de Patrícia Hmírová, que ademais saíu no equipo titular.

A futbolista do Deportivo ABANCA foi relevada no minuto 70.

Os resultados da xogadora branquiazul nestes dous primeiros partidos da Nations League 2025 foron os seguintes:

Venres 21 de febreiro
ESLOVAQUIA 3 - ILLAS FEROE 0

Martes 25 de febreiro
ESLOVAQUIA 1 - MOLDAVIA 0