RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Semana sen liga para o Deportivo ABANCA, pero con Teresa Herrera e Copa Galicia

Aínda que hai parón ligueiro no grupo 1º da Segunda División Nacional, o Deportivo ABANCA encara unha intensa semana coa súa participación na VI edición do Trofeo Teresa Herrera Feminino, o mércores 14 de novembro en ABANCA-RIAZOR (18:15) ante o Athletic Club; e a primeira xornada da Copa Galicia, o domingo 18 de novembro en Vigo ante o Sárdoma CF.

Desde o luns 5 de novembro están á venda as entradas para o Teresa Herrera. Con entrada única tamén para o partido masculino que empeza ás 20:45, todos os socios do Real Club Deportivo poden acceder presentando o seu abono da Temporada 2018-2019. Para o público, as entradas custan 5 e 10 euros, ademais de 70 na área VIP 1906.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 12 de novembro
20:30: Adestramento en Abegondo

Martes 13 de novembro
20:30: Adestramento en Abegondo

Mércores 14 de novembro
18:15, VI Trofeo Teresa Herrera: Deportivo - Athletic Club, en ABANCA-RIAZOR

Xoves 15 de novembro
20:30: Adestramento en Abegondo

Venres 16 de novembro
19:00: Adestramento en Abegondo

Domingo 18 de novembro
12:00, Copa Galicia, 1ª xornada: Sárdoma - Deportivo ABANCA, nas Relfas (Vigo)

En liga, despois de 9 partidos, Deportivo ABANCA e Oviedo Moderno CF marchan na cabeza con 25 puntos, aínda que a diferenza de goles a favor e en contra é superior claramente ás deportivistas: +48 por +30 das ovetenses.