RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Semana transcendental para o Dépor ABANCA, con partidos en Alcalá de Henares e Huelva

O Dépor ABANCA comezou hoxe luns 17 de maio, día festivo, unha semana transcendental de cara ao desenlace da Primera Iberdrola, con partidos ligueiros en Alcalá de Henares este mércores 19 fronte ao Atlético de Madrid e en Huelva contra o Sporting Huelva o domingo 23 de maio.

Manu Sánchez, técnico deportivista, disporá ademais cinco sesións de adestramento, todas elas en Abegondo. Todo iso para chegar nas mellores condicións a ambas as citas. A salvación está a cinco puntos, agora marcada polo Rayo Vallecano: 29 puntos contan as vallecanas por 24 as branquiazuis.

Así pois a planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 17 de maio
10:30 h. 

Martes 18 de maio
09:30 h. 

Mércores 19 de maio
18:00 h.: Atlético de Madrid - Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva Wanda Alcalá de Henares

Xoves 20 de maio
17:30 h. 

Venres 21 de maio
17:30 h. 

Sábado 22 de maio
09:30 h. 

Domingo 23 de maio
12:00 h.: Sporting Huelva - Deportivo ABANCA, no campo de fútbol de La Orden (Huelva)