RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Sen a vosa fidelidade, nada disto sería posible

Os 25 últimos anos na historia do Deportivo, tempo que é necesario permanecer ininterrompidamente como socio do club para recibir a insignia de prata, foron moi especiais. Foron especiais non por estes últimos 10 ou 12 anos, senón precisamente polos ou

O mérito especial é o que tedes vós, igual que os do ano pasado, cando entregabamos a máis de 1.100 socios que xa cumpriran os 25 anos a súa insignia de prata. En total uns 1.500 aproximados de socios de prata aos que hai que sumar os socios de ouro, cunha antigüidade de 50 anos ou máis nas listas de socios do club.

É un equipo que ten esta gran historia da que vós sodes testemuñas fieis lle. E sobre todo estes momentos difíciles que vós puidestes constatar. Grazas ao que vós puidestes facer, isto non puidese ser realidade. Pasastes moitos anos de sufrimento, como era o pensar que moitos mozos de 25, 30 anos non viran xogar ao Deportivo en Primeira División. Moitos de vós mantivestes esa chama que posibilitou que nós hoxe esteamos a gozar aquí mesmo deste entrañable acto, nunhas instalacións propias que son estas de a Praia Club, co que representa a historia da cidade, cos trofeos, os títulos oficiais, que podemos velos aquí nun espazo tan pequeno. Hoxe relacionámonos cos mellores de Europa. Incluso a propia FIFA considéranos entre os 10 mellores clubs do mundo. Todo isto ninguén o podía soñar. Ninguén sabía que podería ocorrer todo isto. O único que si é certo é que todo isto é grazas a todos vós.

O Deportivo foi o primeiro que aprobou nunha Asemblea Xeral dúas cuestións que nós consideramos prioritarias: a entrega de insignias de ouro e a de prata. Hai clubs que non lle dan demasiada importancia. Nós soamente entregamos insignias de ouro e as de prata aos que verdadeiramente se fixeron acredores a recibilas pola súa fidelidade ao club.

Agradecervos en nome da Xunta Directiva, do deportivismo e de todo o que representamos na cidade, en Galicia e en todo o mundo o esforzo e a fidelidade que habeis achegado. Desexar que pronto vos podamos impor a de ouro e porque non a de platino. Grazas e gozádeo de verdade.

Palabras de Augusto César Lendoiro na entrega das insignias de Prata aos socios que cumpren 25 anos como abonados.