RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Sergio Bernárdez foi titular con España no seu debut no Torneo Pinatar Arena

- Foto: @SeFutbol -

O canteirán branquiazul Sergio Bernárdez está convocado coa selección española sub-15 no Torneo Pinatar Arena en San Pedro del Pinatar (Murcia).

España debutou hoxe mércores 30 coa República de Irlanda como primeiro rival. O encontro finalizou en empate (1-1), pero os españois foron mellores na quenda de penaltis: 4-1.

Sergio saltou ao céspede no once inicial e foi substituído no minuto 35 por Carlos Alemán, na primeira quenda de cambios programados que dispuxo o seleccionador Julen Guerrero.

A seguinte cita para España será este venres 1 de febreiro ante Hungría, a partir das 14:00 horas.

O futbolista coruñés é un dos veteranos neste combinado nacional, posto que conquistou tamén a Sportchain AGS Cup, competición que se disputou na localidade alacantina de Alfaz del Pi o pasado mes de decembro.

O calendario da selección no Torneo Pinatar Arena, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 30 de xaneiro
ESPAÑA 1 - REPÚBLICA DE IRLANDA 1. A penaltis: 4-1

Venres 1 de febreiro
14:00: ESPAÑA - HUNGRÍA

Domingo 3 de febreiro
17:00: PAÍSES BAIXOS - ESPAÑA

Sergio Bernárdez milita esta temporada no San Tirso SD de División de Honra cadete, en virtude do convenio asinado por ambos os clubs.