RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Sergio Bernárdez regresa a Abegondo após conquistar o Torneo Pinatar Area con España sub-15

O canteirán branquiazul Sergio Bernárdez regresa ao San Tirso SD, club no que milita esta temporada en virtude do acordo co RC Deportivo, após gañar coa selección española sub-15 o Torneo Pinatar Arena en San Pedro del Pinatar (Murcia).

O partido definitivo ante Países Baixos foi para España (0-1), con Sergio Bernárdez no banco.

O futbolista coruñés foi tamén suplente ante Hungría o pasado venres 1 na segunda xornada e si foi titular no primeiro partido, ante a República de Irlanda, no que xogou os primeiros 35 minutos.

Sergio Bernárdez é un dos veteranos neste combinado nacional, posto que conquistou tamén a Sportchain AGS Cup, competición que se disputou na localidade alacantina de Alfaz del Pi o pasado mes de decembro.

Os resultados da selección no Torneo Pinatar Arena foron os seguintes:

Mércores 30 de xaneiro
ESPAÑA 1 - REPÚBLICA DE IRLANDA 1. A penaltis: 4-1

Venres 1 de febreiro
ESPAÑA 3 - HUNGRÍA 1

Domingo 3 de febreiro
PAÍSES BAIXOS 0 - ESPAÑA 1