RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Sesión vespertina de Os Nosos con alto contido táctico

Os Nosos concluíron este luns 21 de xullo cunha sesión vespertina no campo 2 de Abegondo.

Despois dunha activación con roda de pases, Antonio Hidalgo programou un exercicio táctico en forma de partido 11 contra 11.

Aí, o técnico impartiu constantes instrucións aos seus futbolistas.

Este martes 22 de xullo está previsto un único adestramento, a partir das 10:30 en Abegondo.

Pola mañá, alta intensidade en espazos reducidos

As condicións metereológicas axudaron ao traballo do adestramento matinal: ceo nubrado e con temperatura de 20 graos.

Após pasar pola sala de vídeo, Antonio Hidalgo dispuxo unha activación con rondos, un xogo de posición e fútbol en espazo reducido.

Luismi Cruz, con motivo da súa presentación, asegura que o técnico "ten as cousas moi claras. Todos temos que ir na mesma dirección dependendo do sistema de xogo que el implante no equipo. Por agora todos estamos a ir na mesma dirección".

Subliñou que o obxectivo de Os Nosos este verán é "traballar para chegar ao primeiro partido de liga nas mellores condicións posibles".

Jose Ángel e Arnau Comas fixeron unha parte co grupo e outra co readaptador.