ANOSACANTEIRA retoma a competición oficial despois do parón da Semana Santa, cun total de 7 partidos mañá sábado.
O Deportivo ABANCA B xoga na localidade zamorana de Bóveda de Toro o seu partido da 25ª xornada en Tercera Federación FutFem.
No filial é baixa Michi Apóstol, concentrada coa selección venezolana sub-20 para preparar o Campionato Suramericano que arrinca nos próximos días en Ecuador.
No entanto, Óscar Orro, técnico deportivista, poderá contar coas futbolistas que están en dinámica do primeiro equipo, dado o parón en Primera Federación Iberdrola, como Paula Novo, Lucía Rivas, Paula Monteagudo, Carmen Carballada e Elena Vázquez.
Completan a citación: Martina Rivas, Nuria Gómez, Lucía Mariño, Celia Sousa, Uxía López, Sara Cercido, Macarena González, Marta Rico, Laura Otero e Elena López 'Cusi'; ademais de Noelia Mayo, xuvenil do Orzán SD; e Emma Gandoy, cadete do Orzán SD.
Ademais dos dous equipos benxamíns na Torre, ás 12:00, o Xuvenil B, á fronte da Liga Nacional, mídese en Abegondo ao Coruxo FC; o San Tirso SD Cadete no Monte ao Coruxo FC; e o Orzán SD Infantil A Femenino en San Pedro de Visma ao AD Cristo Rey.
Fóra de casa compite o Orzán SD Cadete Femenino, líder do subgrupo 1º da Liga Galega: ás 16:00 no campo de Xaviña en Buño ante o UD Cerqueda.
O domingo 7 sobresae o partido do Fabril ás 12:00 na localidade cántabra de Sarón fronte ao CD Cayón.
Os fabrilistas, que recuperan a Diego Gómez após cumprir o seu partido de sanción, buscan sumar os 3 puntos que se escaparon o pasado domingo en Abegondo ante o UP Langreo.
A esa mesma hora, as 12:00, hai visita do Xuvenil A (en Meis) e do Infantil (en Vilagarcía) ao Arosa SC; e do Alevín ao CD Lugo co liderado do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 en xogo xa que ambos os equipos marchan igualados na cabeza.
Ademais, o Cadete, ao mando da División de Honra, mídese no campo Baltasar Pujales (13:00) ao Rápido de Bouzas; e o San Tirso SD Infantil en Condomínguez ao ED Val Miñor Nigrán (16:30).
Os infantís branquiazuis Lucas López, Daniel López, Eder Vilas, Raúl Lema, Roi Castro e Sergio Cortizo; acompañados por Antón Vilariño e Hugo Ferreiros do San Tirso SD Infantil, participaron o martes nun adestramento da selección galega sub-14 de cara á Fase de Plata do Campionato de España por autonomías que se xoga a finais de mes.
Os partidos dos 'orzanes', o Orzán SD Xuvenil Femenino na Torre ante o Domaio CF (16:00), o do Orzán SD B sub-16 Femenino en Antas de Ulla (16:30) e o do Orzán SD Infantil B Femenino na Torre ante o Torre SD (18:00) poñen o punto e final ao fin de semana.
No primeiro deles é baixa Dunia Dahmouni, concentrada de novo coa selección de Marrocos sub-17 para participar nuns adestramentos no Complexo Mohammed VI en Rabat até o próximo 9 de abril.
O calendario abriuno o mércores o sólido triunfo (0-3) do San Tirso SD Cadete en Nigrán ante o ED Val Miñor en partido correspondente á 25ª xornada da División de Honra, disputada o pasado 23 e 24 de marzo.
O martes, Gael, Mauro e Samba adestráronse coa selección galega sub-16 na Estrada co obxectivo de preparar a Fase de Plata do Campionato de España por autonomias que se xogará a finais de mes; ademais de Íker Fernández, Miguel de Labra, Nico Ruiz e Pablo García, do Cadete deportivista.
Onte xoves, en Abegondo víronse as caras o Alevín A e o Fabril FC Alevín en partido correspondente á 3ª xornada na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.
Venceron os branquiazuis (7-1) a un equipo fabrilista integrado por xogadores un ano menores.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
25ª xornada: CD BOVEDANA - DEPORTIVO ABANCA B, mañá sábado 6 de abril ás 16:00 no campo municipal de Bóveda de Toro
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 66 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 56 puntos; 3. Olímpico de León, 46 puntos... 11. CD Bovedana, 25 puntos...
24ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - DOMAIO CF, o domingo 7 de abril ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF, 53 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil Femenino, 52 puntos; 3. Lóstrego CF B, 44 puntos... 9. Domaio CF, 31 puntos...
24ª xornada: ANTAS SD - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO, o domingo 7 de abril ás 16:30 no campo Castro Seoane (Antas de Ulla)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 8. SD Antas, Sporting Meicende e UC Cee, 35 puntos; 11. Orzán SD B sub-16 Femenino, 31 puntos; 12. Silva SD, 23 puntos...
24ª xornada: UD CERQUEDA - ORZÁN SD CADETE FEMENINO, mañá sábado 6 de abril ás 16:00 no campo de Xaviña (Buño)
Clasificación da Liga Galega cadete, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 66 puntos; 2. Victoria CF, 60 puntos... 15. UD Cerqueda, 0 puntos
24ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - AD CRISTO REY, mañá sábado 6 de abril ás 12:00 en San Pedro de Visma (campo 1)
24ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO - TORRE SD, o domingo 7 de abril ás 18:00 na Torre (campo 3)
Clasificación da Liga Galega infantil, subgrupo 1º: 1. Victoria CF, 61 puntos; 2. Orzán SD Infantil A Femenino, 59 puntos; 3. Racing de Ferrol, 55 puntos... 11. Sporting Burgo, 19 puntos; 12. AD Cristo Rey, 15 puntos; 13. Orzán SD Infantil B Femenino, 14 puntos; 14. Club Rosalía Mera, 3 puntos; 15. Torre SD, -3 puntos
Segunda Federación
30ª xornada: CD CAYÓN - FABRIL, o domingo 7 de abril ás 12:00 no estadio Fernando Astobiza (Sarón, Cantabria)
Clasificación: ... 8. SD Compostela, 39 puntos; 9. Real Avilés Industrial, 37 puntos; 10. Fabril, 36 puntos; 11. Marino de Luanco, 35 puntos; 12. RS Gimnástica de Torrelavega e Real Valladolid Promesas, 34 puntos; 14. Racing Villalbés, 32 puntos... 17. CD Cayón, 26 puntos...
Categoría xuvenil
26ª xornada: AROSA SC - XUVENIL A, o domingo 7 de abril ás 11:00 no campo Municipal de Zacande (Meis)
Clasificación da División de Honra: 1. Real Racing Club, 58 puntos; 2. Real Oviedo, RC Celta e Xuvenil A, 54 puntos; 5. SD Compostela, 42 puntos... 10. Arosa SC, 29 puntos...
28ª xornada: XUVENIL B - CORUXO FC B, mañá sábado 6 de abril ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 73 puntos; 2. RC Celta B, 66 puntos... 8. Coruxo FC B, 40 puntos...
Categoría cadete
26ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS - CADETE, o domingo 7 de abril ás 13:00 no campo Baltasar Pujales (Vigo)
25ª xornada (mércores 3): ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0 - SAN TIRSO SD CADETE 3 (Gael -2- e Pablo Crespo)
26ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - CORUXO FC, mañá sábado 6 de abril ás 12:00 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 73 puntos; 2. RC Celta, 64 puntos... 6. ED Val Miñor Nigrán e ED Xuventude de Oroso, 37 puntos; 8. Salgueiriños CF, 36 puntos; 9. San Tirso SD Cadete, 35 puntos; 10. CD Lugo, 31 puntos; 11. Rápido de Bouzas, 30 puntos... 13. Coruxo FC, 28 puntos...
Categoría infantil
24ª xornada: AROSA SC - INFANTIL, o domingo 7 de abril ás 12:00 no campo Manuel Jiménez Abalo (Vilagarcía)
24ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - SAN TIRSO SD INFANTIL, o domingo 7 de abril ás 16:30 no campo de Condomínguez (Nigrán)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 67 puntos; 2. RC Celta, 59 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 46 puntos; 4. Arosa SC, 39 puntos... 9. Pabellón Ourense CF, 31 puntos; 10. San Tirso SD Infantil e UD Santa Mariña, 27 puntos; 12. CD Conxo Santiago, 25 puntos...
Categoría alevín
6ª xornada: CD LUGO - ALEVÍN, o domingo 7 de abril ás 12:00 no Municipal Rodríguez Lago (campo 1)
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte: 1. Alevín e CD Lugo, 15 puntos; 3. CD Calasanz, 12 puntos...
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 3ª xornada (onte xoves): ALEVÍN A 7 (David Gómez -3-, Nacho Villanueva, Jorge Fernández, Hugo Macedo e Manu Sande) - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Miguel Candal)
Categoría benxamín
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 3ª xornada: BENXAMÍN A - VICTORIA CF, mañá sábado 6 de abril ás 17:30 na Torre (campo 4)
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 3ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, mañá sábado 6 de abril ás 10:30 na Torre (campo 2.2)