RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Severa derrota do Deportivo en Riazor ante o Sporting

O Deportivo cayó esta tarde en Riazor (0-3) co Sporting de Gijón nun partido marcado pola expulsión de Colotto ao fío do descanso. Con este resultado, o equipo coruñés segue con nove puntos na zona media da clasificaci&o

 Lotina introduciu varios cambios respecto ao partido
do pasado xoves en Rusia. Pablo Álvarez entrou por Cristian; Lafita
por Valerón, Colotto por Ze Castro e Riki por Omar Bravo na punta
do ataque.

                  Empezou mellor o Deportivo, gozando das mellores
ocasións de gol do partido. Colotto rematou no segundo pau un
saque de esquina que sacou na raia de gol un defensor sportinguista.
Lafita recibe entre liñas un bo balón de Pablo Álvarez pero o seu
disparo rexéitao co corpo un central do Sporting. A mellor a
tivo nas súas botas Gardado, que se interna ata o bordo da área e,
favorecido polos rebotes, xuta alto lixeiramente desviado diante do
porteiro Cuéllar.

                   Pero o partido cambiou nunha xogada illada, aínda que
o Sporting nunca dera as costas á meta deportivista. David
Barral adiantou ao seu equipo de penalti cometido sobre o mesmo no
minuto 25. Tras un centro raso desde a banda dereita, o dianteiro
asturiano adiántase a Lopo e remata de socato. Aranzubía saca con
o corpo e o rexeite vólvelle a caer a Barral, que obstaculizado por
Lopo, non puido rematar. Teixeira Vitienes non dubida e sinala a pena
máxima.

                   Sen tempo para reaccionar, o Sporting logra o
segundo nun contragolpe. Barral se interna con rapidez pola dereita
e mete en profundidade a Carmelo, que chegaba polo centro e que só
tivo que empuxar a pracer, con Aranzubia xa batido. Corría o minuto 30
e 0-2 no marcador.

                    Lotina, visto o cariz que tomaba o partido, manda
quentar a Valerón na banda. O Dépor atascouse e caeu unha e outra
vez na tea de araña que dispuxo Prezado no centro do campo. O
canario entrou por Pablo Álvarez, o que situou a Lafita na banda
dereita. O técnico deportivista buscaba así profundidade e verticalidad.

                    Valerón comezou a repartir xogo. Das súas botas
partiu un centro envelenado ao que non chegou Riki por pouco. Adiantouse
ben Cuéllar.

                    O partido acabouse por romper a un minuto para o
descanso. Barral engánchase a Colotto cando pugnaba por chegar a un
balón longo, só con Aranzubia por diante. O árbitro equivócase
claramente e aprecia agarrón do defensor deportivista, que viu a vermella
porque era o último defensor.

                    Tras o descanso, o Dépor mantivo o seu mesmo debuxo, a pesar de estar con dez futbolistas. De Guzman atrasou a súa posición e botaba unha man aos centrais deportivistas.

                    Teixeira Vitienes non quixo ver un empuxón na área a Valerón, cando estaba situado a escasos metros da xogada. Gardado estivo a piques de recortar distancias pero o seu chute, raso e pegado ao pau, atállao seguro Cuéllar. Antes, na xogada anterior, o forte chute de Lopo desde fóra da área sácao sen querer Riki.

                    Acto seguido responde o Sporting. Era o minuto 64 de partido. Diego Castro empalma unha pelota desde a área pequena e Aranzubía responde cunha internvención rápida de reflexos.

                    A pesar de que o partido estaba moi difícil para o Dépor, os de Lotina non arroxaron a toalla en ningún momento. Aranzubía volve salvar ao Dépor no minuto 70, cando Barral, tras facer a parede cun compañeiro queda só. A meta deportivista saca cunha man o que podía ser o 0-3.

                     En ataque, Gardado protagonizou boa parte das accións do seu equipo. Entrou ben pola esquerda e pola dereita, aínda que os seus centros á área foron pouco precisos e non atopaban rematador.

                     Para a recta final do partido, Lotina introduciu a dous cambios. Juan Rodríguez e Mista relevaron a Sergio e a Riki. Lafita puido acurtar distancias  no minuto 78 tras recibir unha asistencia de Lopo ao saque dunha falta. O seu chute foise frouxo e desviado por pouco.

                     Teixeira Vitienes, a instancias do seu xuíz de liña, invalida un gol legal a Mista por fóra de xogo no minuto 82 de partido. Recibe un balón pasado ao segundo pau, controla en posición acrobática e burla a saída de Cuéllar. Era gol legal.

                      Diego Castro, en posición dubidosa, anotou o terceiro para o seu equipo que deixaba sentenciado o partido (0-3). Sufría nestes momentos o Deportivo, cansado polo esforzo e lastrado por un xogador menos durante todo o segundo tempo.

                      Final do partido e derrota nun Riazor do Deportivo.