''Só queda felicitar á candidatura de Tino e seguir traballando''
O Presidente do Deportivo, en declaracións aos medios de comunicación tras a Xunta de onte á noite, quixo en primeiro lugar "felicitar á candidatura de Tino", vencedor nas votacións.
"Agora toca seguir traballando para a Xunta de Acredores", prevista para o próximo 10 de xaneiro; e para as eleccións tamén do mes de xaneiro.