Só renovando online antes do sábado, ou na OAD con cita previa, terás o teu abono ao prezo actual
Até o vindeiro venres 10 de agosto (véspera do día en que os abonos do Dépor soben un 5%) para calquera trámite (alta, cambio de asento, ...) que desexe facerse de maneira presencial nas oficinas do Dépor será obrigatorio ter cita previa, que unicamente se pode solicitar en citaprevia.rcdeportivo.es e para a que apenas quedan ocos dispoñibles.
Por iso, para renovar o abono cos prezos actuais e evitar colas e esperas, o mellor para os socios do Dépor é renovar online en abonos.rcdeportivo.es (calquera día e a calquera hora). Co carné do ano pasado e un cartón de crédito, en dous sinxelos pasos, xa se dispón do carné, listo para a súa recollida 48 horas despois na DéporTienda de Abanca-Riazor.
A Oficina de Atención ao Deportivista trasladouse provisionalmente este verán á Oficina Principal de Correos (c/ Alcalde Manuel Casás s/n):
3 ao 7 de agosto:cambios de localidade e renovacións de asentos liberados só para socios esó mediante cita previa.
8 ao 10 de agosto:alta de novos socios de asentos liberados, renovacións e cambios de localidadesó mediante cita previa.