Após o parón obrigado da pasada fin de semana pola incomparecencia do Extremadura UD, o Dépor regresaba á competición ante un dos rivais que manteñen o ritmo de cabeza dentro do Grupo I da Primeira RFEF Footters. Diego Aguirre por Héctor e Quiles por William foron os dous cambios de Borja Jiménez con respecto á última cita competitiva en Logroño para buscar unha nova vitoria fóra de casa.
O partido, na súa primeira parte, foi tremendamente dinámico. Cando aínda se estaban tomando as medidas ambos os equipos, unha rápida contra iniciada en semifallo de Quiles acabou co balón en banda dereita, onde Víctor puxo un centro, peiteado pola defensa, que o propio Alberto Quiles controlou co peito e rematou de volea superando a Champagne e pondo o 0-1 cando apenas se completaron dous minutos de partido. Co golpe inicial do Dépor sobre a mesa, o partido continuou no primeiro cuarto de hora con ese guion esperado de equilibrio entre dous equipos a priori parellos.
A mala sorte cebouse co Dépor cando precisamente se chegaba ao minuto 15. Nun centro lateral despexado de cabeza por Lapeña o balón estrelouse nas costas de Jaime e foise directamente á cepa do poste da portería de Ian Mackay para pór o involuntario 1-1 no marcador. Camiño do minuto 20 puido porse por diante o Rayo, pero Mawi non atopou remate completamente só nun centro desde a esquerda. A partir de aí o resto do primeiro tempo foi case un monólogo ofensivo do Deportivo. No 22 Juergen armou un zurdazo lixeiramente desviado sobre a portería majariega, como alto pegoulle tres minutos despois.
Preto da media hora, tamén Aguirre, en xogada persoal, recortando cara a dentro, rematou por encima. Doncel fíxoo cruzado despois de que Miku, aos tombos, fose capaz de desfacerse de tres centrais. A seguinte para o dianteiro venezolano foi clara, ás costas da defensa, nun mal pase atrás local, que Miku aproveitou para rematar desde case a frontal, á saída de Nero, e pór o 1-2 no marcador. O terceiro tamén puido ser seu de cabeza ao lateral da rede nun córner perfectamente ensaiado. A última branquiazul antes do descanso foi para Doncel, cunha vaselina que se durmiu na parte superior da rede. O epílogo púxoo o Rayo Majadahonda, obrigando a unha boa parada de Mackay para marcharse con vantaxe ao vestiario.
Clarísima tívoa Quiles para marcar nada máis renovarse o partido, nun centro de Aguirre rematado a un metro da liña de gol, atopándose o corpo de Nereo para evitar o 1-3. Foi a gran oportunidade da segunda parte para ambos os equipos, un segundo tempo que se pareceu pouco ao primeiro en dinamismo e ocasións. O Dépor soubo controlar a vantaxe e o partido, que se volveu moito máis feo e con máis contacto entre ambos os equipos. Todos os cartóns acumuláronse neste segundo tramo do encontro.
Mackay tivo que realizar un par de intervencións, a primeira a saque de falta de Susaeta e balón peiteado desde a frontal e gran man abaixo do gardameta coruñés para enviar a córner. A segunda nun tiro raso debaixo de Rubén Sánchez que blocou sen problemas. Entre medias unha falta botada por Juergen e bo remate de cabeza de Jaime significou a última boa aproximación do Dépor. Borja González na parte superior da rede deixou o último dos balóns con perigo dun partido no que o Dépor soubo controlar de principio a fin.
CF Rayo Majadahonda: Nereo Champagne, Jorge Casado, Bastos (Juanjo, min. 81), Álvaro Veiga (Philip Osei, min. 81), Jesús Bernal, Raúl Sánchez, Mawi (Susaeta, min. 61), Mario, Borja González, Iturraspe (Rubén Sánchez, min. 46) e Néstor Albiach (Javi Gómez, min. 61)
RC Deportivo: Mackay, Víctor García, Lapeña, Jaime, Aguirre, Álex, Villares (Trigueros, min. 83), Juergen, Doncel (Mario Soriano, min. 73), Quiles (Menudo, min. 81) e Miku (Noel, min. 83)
Goles: 0-1 Quiles (min. 2); 1-1 Jaime, en propia meta (min. 15); 1-2 Miku (min. 34)
Árbitro: Romero Freixas (c. Catalán). Amoestou a Mawi (min. 48), Raúl Sánchez (min. 51), Lapeña (min. 57), Miku (min. 60), Álvaro Veiga (min. 65), Aguirre (min. 77) e Rubén Sánchez (min. 90+3)
Incidencias: partido da 13ª xornada de Primeira RFEF Footters disputado no Cerro del Espino cuns 1.150 Deportivistas nas bancadas




