Suave sesión de activación matinal en ABANCA-RIAZOR previa á concentración no hotel Meliá María Pita
O Deportivo realizou esta mañá, por espazo de media hora, unha suave sesión de activación sobre o céspede de ABANCA-RIAZOR, a menos de 9 horas de arrancar o choque de LaLiga SmartBank ante o CD Mirandés (21:00 horas, Movistar LaLiga 1).
Os futbolistas branquiazuis, hoxe tamén co fabrilista Valín, realizaron carreira continua, estiramentos e exercicios de activación antes de regresar de novo aos vestiarios.
O cadro concentrarase para comer no Hotel Meliá María Pita a partir das 13:30 horas e descansar até a hora do choque.