RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Súper xornada de domingo en ANOSACANTEIRA nunha semana que abre mañá venres o Infantil en Abegondo

O partido de División de Honra entre o Infantil, líder da categoría, e o CD Lugo, mañá venres 26 ás 17:30 en Abegondo, abre unha fin de semana cun súper domingo na Cidade Deportiva, cos partidos do Fabril, Dépor ABANCA B e #ONOSODERBI na División de Honra xuvenil.

Os infantís branquiazuis Lucas López, Eder Vilas, Daniel López, Nico, Raúl, Roi e Sergio Cortizo participaron coa selección galega sub-14 nun amigable onte mércores 24 de xaneiro no campo da Rapeira en Portas ante o Arosa SC; ao que se uniron Antón Vilariño e Hugo Ferreiros do San Tirso SD Infantil.

Antes da intensa xornada dominical, o sábado 27, ademais dos alevíns e do Benxamín A en La Torre, xogan en casa o Cadete ante o ED Val Miñor Nigrán (12:15, Abegondo) e San Tirso SD Infantil ante o CD Conxo Santiago (10:30, O Monte).

Os cadetes branquiazuis Rodrigo, Íker Fernández, Nico Ruiz e Miguel de Labra estiveron convocados coa selección galega sub-16 nun amigable onte mércores 24 no campo da Rapeira en Portas ante o Arosa SC de División de Honra xuvenil; choque ao que tamén acudiron Mauro, Samba e Gael do San Tirso SD Cadete.

Fóra de casa tamén o sábado o San Tirso SD Cadete visita ao CD Areosa (12:15, A Xunqueira, Vigo) e o Orzán SD Cadete Femenino ao SCD Órdenes (16:00, Anexo Vista Alegre)

O domingo 28 dispútase unha gran xornada de fútbol en Abegondo.

O Fabril recibe ás 13:00 horas (Youtube RC Deportivo) ao Marino de Luanco, con ambos os equipos igualados a 22 puntos na clasificación de Segunda RFEF.

No cadro do filial, Quique Teijo e Álvaro Santamaría xogarán cedidos no que resta de temporada no Betanzos CF de Tercera Federación e CD Cayón de Segunda Federación respectivamente.

Pola tarde, ás 16:30, o Dépor ABANCA B mídese ao Umia CF co obxectivo de romper unha fochanca de resultados en Tercera Federación FutFem que provocou a caída á 3ª praza.

Emma Gandoy, Laura Santos, Noelia Mayo, Ana Capelo, Lucía Rivas, Macarena González e Sara Cercido participaron coa selección galega sub-17 nun adestramento onte mércores 24 de xaneiro no campo da Braña, en Rois.

Media hora despois, ás 17:00 (Youtube RC Deportivo), o Xuvenil A enfróntase ao RC Celta en #ONOSODERBI da zona alta da División de Honra.

Os de Manuel Pablo encaran o partido após a vitoria (3-1) en Copa del Rey ante a UD Las Palmas de onte mércores en Abegondo. O seu seguinte rival en cuartos será o Real Mallorca, esta vez lonxe da Cidade Deportiva.

O Xuvenil A espera recuperar a Amin Mustapha após o seu paso esta semana pola selección sub-20 de Marrocos con motivo de dous amigables ante Mauritania.

Tanto para o partido do Fabril como do conxunto xuvenil, o Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.

A xestión pode realizarse desde a publicación desta nota informativa e até completar o aforamento. No caso do Xuvenil A, as socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até mañá venres ás 23:59. Se houbese aforamento aínda dispoñible, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

En casa tamén compiten o Orzán SD Xuvenil Femenino (18:00 na Torre ante o Escuela FB Amistade), o Orzán SD Infantil A Femenino (10:00 na Torre ante o Sporting Burgo) e Orzán SD Infantil B Femenino (12:00 na Torre ante o UC Cee).

A maiores, o Xuvenil B, líder da Liga Nacional, visita ao Pontevedra CF (12:00); e o Orzán SD B sub-16 Femenino ao Atlético San Pedro (12:00 en Iñás).

A orzanista Claudia Sande estivo citada coa selección galega sub-15 onte mércores 24 de xaneiro no Novo Milladoiro para un amigable ante a SD Milladoiro de categoría infantil; ao que acudiron tamén Daniela Macedo e Antía Veiga. 

Pecha a xornada o mércores 31 o partido do Fabril FC Benxamín en Cambre correspondente ao subgrupo 2º da Primera A Coruña de fútbol 8.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría feminina
17ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - UMIA CF, o domingo 28 de xaneiro ás 16:30 en Abegondo
Clasificación de Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 46 puntos; 2. Olímpico de León, 33 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 32 puntos; 4. Sárdoma CF, PM Friol e Lóstrego CF, 28 puntos... 16. Umia CF, 7 puntos

17ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - ESCUELA FB AMISTADE, o domingo 28 de xaneiro ás 18:00 na Torre (campo 2)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF, 35 puntos; 2. SD O Val, Orzán SD Xuvenil Femenino e Lóstrego CF B, 31 puntos; 5. Atlético Arousana, 27 puntos... 12. Escuela FB Amistade, 19 puntos...

17ª xornada: ATLÉTICO SAN PEDRO - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO, o domingo 28 de xaneiro ás 12:00 en Iñás
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 2. Atlético San Pedro, 35 puntos... 10. UC Cee, 21 puntos; 11. Orzán SD B sub-16 Femenino, Silva SD e Cultural Maniños, 18 puntos; 14. UD Santiso FC, 13 puntos...

17ª xornada: SCD ÓRDENES - ORZÁN SD CADETE FEMENINO, o sábado 27 de xaneiro ás 16:00 no Anexo Vista Alegre (Ordes)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 45 puntos; 2. Victoria CF, 42 puntos; 3. Escuela FB Amistade, 36 puntos... 14. SCD Órdenes, 4 puntos...

17ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - SPORTING BURGO, o domingo 28 de xaneiro ás 10:00 na Torre (campo 2)
17ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO - UC CEE, o domingo 28 de xaneiro ás 12:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Victoria CF, 43 puntos; 2. Orzán SD Infantil A Femenino, 41 puntos; 3. Victoria FC (un partido menos) e Racing de Ferrol (un partido menos), 34 puntos... 9. UC Cee, 19 puntos... 11. Sporting Burgo, 13 puntos; 12. Orzán SD Infantil B Femenino e AD Cristo Rey, 7 puntos; 14. Club Rosalía Mera, 6 puntos...

Segunda Federación
20ª xornada: FABRIL - MARINO DE LUANCO, o domingo 28 de xaneiro ás 13:00 en Abegondo
Clasificación: ... 10. Real Avilés Industrial, 24 puntos; 11. Real Valladolid Promesas, 23 puntos; 12. Marino de Luanco e Fabril, 22 puntos; 14. RS Gimnástica de Torrelavega, 19 puntos...

Categoría xuvenil
18ª xornada: XUVENIL A - RC CELTA, o domingo 28 de xaneiro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Real Racing Club, 40 puntos; 2. Real Oviedo, 39 puntos; 3. Xuvenil A, 38 puntos; 4. RC Celta, 36 puntos; 5. SD Compostela, 28 puntos...

20ª xornada: PONTEVEDRA CF - XUVENIL B, o domingo 28 de xaneiro ás 12:00 no campo Manolo Barreiro 2 (Pontevedra)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 52 puntos; 2. RC Celta B, 45 puntos... 8. Pontevedra CF, 28 puntos...

Categoría cadete
18ª xornada: CADETE - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o sábado 27 de xaneiro ás 12:15 en Abegondo
18ª xornada: CD AREOSA - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 27 de xaneiro ás 12:15 no campo da Xunqueira (Comesaña, Vigo)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 49 puntos; 2. RC Celta, 43 puntos... 6. ED Val Miñor Nigrán, 27 puntos... 11. CD Areosa, 20 puntos; 12. San Tirso SD Cadete e Pabellón Ourense CF, 16 puntos; 14. Rápido de Bouzas, 15 puntos...

Categoría infantil
16ª xornada: INFANTIL - CD LUGO, o venres 26 de xaneiro ás 17:30 en Abegondo
16ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD CONXO SANTIAGO, o sábado 27 de xaneiro ás 10:30 no Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 45 puntos; 2. RC Celta, 40 puntos... 7. San Tirso SD Infantil, 22 puntos... 12. CD Conxo Santiago, 15 puntos... 14. CD Lugo, 10 puntos...

Categoría alevín
12ª xornada: ALEVÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o sábado 27 de xaneiro ás 12:30 na Torre (campo 1.2)
12ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - VICTORIA CF, o sábado 27 de xaneiro ás 11:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A, 33 puntos; 2. Fabril FC Alevín, 28 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF e CD Calasanz, 21 puntos... 6. Victoria CF, 14 puntos...

Categoría benxamín
12ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - BENXAMÍN A, o sábado 27 de xaneiro ás 10:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primera A Coruña, subgrupo 1º: 1. Benxamín A e Victoria CF, 27 puntos; 3. Ural Español CF, 24 puntos...

12ª xornada: SPORTING CAMBRE - FABRIL FC BENXAMÍN, o mércores 31 de xaneiro ás 18:30 no campo Dani Mallo (Cambre)
Clasificación da Primera A Coruña, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Benxamín, 33 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz, 24 puntos... 7. Sporting Cambre, 11 puntos...