RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Superados os 7.000 socios. Só dúas semanas para o fin da reserva de asentos!

Cos abonos tramitados onte, xa son máis de 7.000 os deportivistas que teñen no seu poder o carné de socio para a Temporada 2017-2018.

Ao peche da OAD tras a xornada do mércores e cos 548 carnés despachados (dos que 29 foron altas e 81 renovacións a través da páxina web), a cifra total ascende a 7.354 abonados.

Cabe lembrar que se queres unirte á xente mariñeira no mesmo lugar do Estadio ABANCA-RIAZOR que ata agora, os asentos resérvanse ata o 5 de agosto. O 7 de agosto quedarán liberados todos os asentos dos deportivistas que non renoven o seu abono.

Podes reservar a túa cita para a data marcada no calendario para cambios de localidade:

-Socios: cambio de localidade só con cita previa, do 7 ao 9 de agosto.
-Socios: cambio de localidade sen cita previa, só o 10 de agosto.
-Novas altas: desde o 11 de agosto.

Co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, os afeccionados teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera deportivista pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) na páxina abonos.rcdeportivo.es/gl ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

Os despachos de billetes da OAD permanecerán abertos mañá xoves de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden poñerse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.