Superioridade e rotundo triunfo do Deportivo sobre a UP Langreo 4-0
Os branquiazuis fixeron o mellor partido da tempada, con fútbol de gran calidade. Romperon a barreira defensiva astur con brío, rapidez e magnífica técnica. Piña, Pardo, Vales, Muñoz, Rivas e Juan Carlos, factores do triunfo.
Castro, Muñoz(2) e Juan Carlos, autores dos goles. O langreano Jaime, en infortunada xogada, sufriu fractura do peroné esquerdo.
A pesar da marcha firme que o equipo coruñés leva na liga, é evidente que a visita á Unión Popular Langreo inspiraba certa inquietude entre os seguidores daquel, pois á parte de figurar no cuarto posto da táboa, lembrábase que unha das dúas únicas derrotas deportivistas nesta tempada, e por 3-0, sufríraa fronte ao mesmo bando no seu feudo...